Visualizacións de páxina totais

xoves, 27 de abril de 2017

PROXECTO DE ARTE: CAMPANIÑAS

Os cativos de 4 anos C estivemos aprendendo moitas cousas sobre a primavera e os diferentes tipos de flores que aparecen nesta estación. 
Aproveitamos material de refugallo(unha caixa enorme de cartón) para facer un fermoso cadro co cal representar unha paixase de primavera. 

A nosa inspiración:   O PUNTILLISMO
Gustounos especialmente o pintor George Seurat e a súa obra CAMPOS DE ALFALFA:


E imitando a este pintor, nós tamén tentamos facer a nosa obra cun campo de puntiños verdes e un ceo de puntiños azuis. E como lle queriamos poñer flores de primavera, decidimos estampar unhas campaniñas... e despois, tivemos que escoller tamén un  título que fora axeitado para poñerlle ao noso cadro.
E así foi como nos quedou! Agora xa está decorando o noso cole! Quedounos fenomenal... Somos uns artistas!

mércores, 5 de abril de 2017

VISITAMOS A BIBLIOTECA SAGRADA FAMILIA!

Os cativos de 4 anos C fomos visitar á ovella tecelá MARISOL, que andaba moi preocupada porque a ían rapar! Coñecémola na biblioteca SAGRADA FAMILIA, e alí estivemos dándolle algúns consellos e falando da súa historia. Tamén  aproveitamos para coñecer a biblioteca do noso barrrio por dentro. E moi bonitiña!
Alí as bibliotecarias amosáronnos os misterios que agochan os contos. e que co noso carné podemos levalos para as nosas casas! 
Despois, coa axuda de MARISOL, contáronnos o fermoso conto "OVELLIÑA DÁME LA".
Aquí tedes unha parte cativiña deste fermoso conto:


luns, 27 de marzo de 2017


Con motivo da celebración neste 21 de marzo do  DÍA DA POESÍA os cativos de 4 anos C estivemos nesta semana aprendendo un poemiña de GLORIA FUERTES chamado POEMA DEL NO.
E como era curto decidimos escribilo amodiño e con boa letra. Así foi como nos quedou...

martes, 21 de marzo de 2017

DINOSAURIOS!

Os cativos de 4 anos C estivemos facendo uns fermosos DINOSAURIOS de cartón. Foi unha forma divertida de reciclar e reutilizar materiais, de darlles un novo uso. 
E desta vez convertémolos nun xoguete ben divertido! Quedáronnos tan bonitiños que os levamos para xogar nas nosas casas.