Visualizacións de páxina totais

mércores, 24 de decembro de 2014

FESTIVAL DE NADAL

Neste último venres de clase os cativos de Educación Infantil celebramos o noso Festival de Nadal
Alí estaba Papá Noel e o seu reno explicándonos cousiñas do Nadal e o seu significado; e para axudarlles nesta tarefa, pedíronnos aos cativos de Infantil que cada aula levase unha palabra que representara o Nadal... A nosa clase decidiu levar a palabra ILUSIÓN. Puxemos todas as palabriñas xuntas para que todas elas nos axudaran a entender o Nadal un pouco mellor.



Tamén puidemos ver o fermoso conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis", e cantar todos xuntos. E para rematar o Festival, cada curso cantou e bailou a súa canción de Nadal. Nós cantamos a nosa canción "Muñeco de nieve" cos nosos compañeiros de 4 anos... foi todo ben divertido. Pasámolo moi ben!  


Aquí podesdes ver o último ensaio que fixemos na aula antes da nosa actuación,
así podedes ver moi ben como cantamos e bailamos todos...
 Estamos feitos uns artistas!!

VISITA DE PAPÁ NOEL!


Un día máis tarde da visita dos Reis, tamén puidemos disfrutar da visita de Papá Noel, que recolleu a carta que fixemos todos xuntos na clase e que esperamos que lle guste moito, e que se lembre de nós na noite de Nadal. E despois degustamos uns carameliños que nos dou a axudante de Papá Noel!

Aquí podedes ver o momento en que lle damos a carta da clase de 4 anos B:


sábado, 20 de decembro de 2014

VISITA DOS REIS!

Os cativos de 4 anos B tivemos unha visita ben especial! Os Reis Magos viñeron visitarnos e recoller as nosas cartas! Aproveitamos para falar con eles e explicarlles moi ben as nosas peticións. E despois degustamos unhas larpeiradas na compaña dos nosos amigos... pena que nos enredamos un pouco coas lambetadas e non nos dou tempo a ver os camelos!
Aquí nos podedes ver coas nosas cartiñas, ben contentos e agradecidos por tan fermosa visita.

/>

FELICIDADES ENMA!

ENMA XA TEN 4 ANOS!
FELICIDADES ENMA!

xoves, 18 de decembro de 2014

NADAL 2014

Os cativos de 4 anos B estamos nestes días moi atarefados rematando os nosos traballos do primeiro trimestre, preparando o Festival de Nadal, e facendo decoracións propias destas datas.
Tamén puxemos a nosa árbore de Nadal, que nos parece moi fermosa, tanto que decidimos poñela nun lugar ben visible para todos! Mirade que ben nos queda...


LIBRO VIAXEIRO: OTO

Esta fin de semana OTO pasouno estupendamente na casa de Enma. Coñeceu a toda a súa familia, e fíxose moi amigo do irmanciño de Enma. A OTO gústalle moito xogar cos bebés, aínda que ás veces lle mordan as orellas! Tamén xogou moito con Enma, e ata axudou a facer un rico biscoito!

Aquí podedes ver a Enma na súa exposición oral:



NORABOA ENMA! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

domingo, 14 de decembro de 2014

FAMILIAS

Nestes días os cativos de 4 anos B estivemos a falar das nosas familias, das persoas que a forman e tamén das novas "incorporacións": bebés, futuros irmanciños e, como non, mascotas! 
Tamén falamos de cantos somos na nosa familia, como se chaman cada un dos nosos familiares, e as cousas que eles fan por nós e nós por eles... E despois aprendemos a escribir algunhas palabriñas relacionadas coas nosas familias.
E neste proceso estivemos acompañados de fermosos contos que nos axudaron a coñecer e valorar a cada un dos membros da nosa unidade famliar.


venres, 5 de decembro de 2014

KANDINSKY: ALGÚNS CÍRCULOS


Aos cativos de 4 anos B gústanos moito observar os cadros de Kandinsky porque, coma nós, usa cores moi bonitas, e tamén lle gusta debuxar moitos círculos de diferentes tamaños. E inspirándonos na súa obra "Algúns círculos", decidimos facer as nosas creacións.
Mirade as diferentes fases do noso proxecto e o ben que nos quedaron os cadros! Somos uns artistas!

xoves, 4 de decembro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

OTO pasou esta fin de semana na compaña de Yohsan e da súa familia. Aproveitou moi ben o tempo, saiu de paseo e fixo amigos na aldea de Yohsan. Tamén coñeceu a Pirata, e caeulle moi ben... pero quen dixo que cans e gatos non se levan ben?

Aquí podedes ver a Yohsan contándonos todo:



FELICIDADES YOHSAN! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!

domingo, 30 de novembro de 2014

MERENDOLA DE OUTONO!

Os cativos de catro anos levamos uns días aprendendo moitas cousas sobre os froitos do outono. E para coñecelos mellor adicamos un día a observar o seu aspecto, as súas cores, as súas texturas... Tamén tocamos, ulimos, e saboreamos os diferentes froitos secos e carnosos. Cada un de nós amosou os seus froitos e explicounos cousas sobre eles.
Despois fixemos a degustación de tódolos froitos... canto nos gustou! Fixemos unha festiña de outono moi divertida: compartimos merenda, cancións e algún que outro baile...
Familias, aquí podedes ver que merenda tan especial tivemos, e todo o que comemos... menudo éxito! Pero esta actividade non sería posible sen a vosa axuda, sen a vosa colaboración. Grazas, unha vez máis por todo!



  

xoves, 27 de novembro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

Esta fin de semana OTO foi coñecer a familia de Paula. Pasouno fenomenal! O venres foi á piscina e probou as gafas de nadar de Paula, que lle acaían moi ben, porque eran azuis coma as súas orellas!. O sábado acompañouna facer a compra ao super, e o domingo aprendeu a doblar a roupa con Paula, xa sabe doblar os calcetíns moi ben!

Aquí podedes ver a Paula coa súa explicación:



NORABOA PAULA, FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

martes, 25 de novembro de 2014

CANTAS CORES!


Os cativos de 4 anos levamos varias semanas aprendendo as cores primarias e facendo misturas con diferentes materiais ( papeis de cores, plastilina, pintura...) para chegar a acadar as cores secundarias. Gústanos moito experimentar co pincel e misturar as cores ata acadar as que máis nos gustan.



domingo, 23 de novembro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

Esta fin de semana o noso amigo OTO pasouna na compaña de  Lucía e da súa familia. Fixo novos amigos, saiu de paseo e tamén de merendola. Lucía contounos que OTO se portou moi ben, e que ata durmiu con ela. Tamén nos amosou as palabras cariñosas que lle adicou ao noso amigo.

Aquí podedes ver a Lucía na súa exposición oral:



NORABOA LUCÍA! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!

martes, 18 de novembro de 2014

MAGOSTO 2014

Menuda semana que tivemos os cativos de E. Infantil coa celebración do MAGOSTO!
Fixemos unha morea de cousas: decoramos cestiños para comer as castañas, trouxemos castañas picadas para comelas asadas, traballamos o conto "María a castañeira", cantamos, bailamos, xogamos a moitos xogos... e ata fixemos unha viseira moi molona para lucir nese día tan especial!


Familias: grazas pola aportación de castañas, a decoración dos cestiños, e a colaboración no asado das castañas na escola. Grazas pola vosa axuda!


xoves, 13 de novembro de 2014

O CONCERTO DE RUBÉN


Esta semana tivemos a sorte de que Rubén nos amosara o seu violín "DE VERDADE" e nos fixera un pequeno concerto na aula. Acompañouno a súa mamá, que nos dou unha clase de música formidable!
Ensinounos como é un violín de verdade, as súas partes e os instrumentos semellantes ao violín de Rubén. Trouxonos unha morea de instrumentos para tocar e cantar con ela e con Rubén. Tamén nos contou un conto moi fermoso con sons de instrumentos musicais: Gilda, amosounos a Orquestra Sinfónica de Galicia tocando cancións populares de Disney... e ata nos trouxo uns carameliños! Canto aprendemos e que ben o pasamos!
MOITAS GRAZAS!!

Aquí podedes disfrutar un pouquiño da MAGNÍFICA actuación de Rubén:



Aquí estamos todos a unha! Tocando e disfrutando moito:


GRAZAS RUBÉN POR TAN FERMOSO CONCERTO!

martes, 11 de novembro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

OTO pasou esta fin de semana con Aitana e coñeceu a súa familia. Pasouno moi ben, foi ao parque e tamén de merendola a unha hamburguesería. Fixo un montón de cousas con Aitana, comiu e durmiu con ela, e ata sacou unhas fotiños!
Aquí podedes ver a Aitana na súa exposición oral:



NORABOA AITANA! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!


luns, 10 de novembro de 2014

CANCIÓNS DO MAGOSTO

Os cativiños de E. Infantil estamos moi ocupados preparando o noso magosto deste venres. Aquí vos deixamos a canción que andamos aprendendo e bailando nestes días. 
 "O RAP DO MAGOSTO"     Bailades?

E para os nostálxicos... aquí tedes a canción do curso pasado. Lembrades?


xoves, 6 de novembro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

Esta fin de semana tan longa o noso amigo OTO pasouna na compaña de Ainara e a súa familia. Fixo novos amigos, e ata foi a unha festa de disfraces! Ainara contounos que OTO se portou moi ben, e que durmiu con ela e os seus peluches preferidos. Tamén nos amosou os debuxiños e as palabras cariñosas que lle adicou ao noso amigo OTO.
Aquí podedes ver a Ainara na súa exposición oral:



NORABOA AINARA! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!

luns, 3 de novembro de 2014

SAMAÍN!


Os cativos de 4 anos B, como xa sabedes, estivemos facendo na semana do SAMAÍN moitas actividades: asistimos ao conta-contos TÍO LOBO, decoramos cabazas, aprendemos cancións, cantamos e bailamos no baile do Samaín, fixemos morcegos, pintamos pantasmas e bruxas... unha morea de cousas!

E para rematar ben a semana, tamén fomos ver unha obriña de teatro: CORRE, CORRE, CABACIÑA. Aquí tedes unhas fotiños deste día:




E para que as disfrutedes tanto coma nós , aquí tedes familias,
a historia e a canción:






venres, 31 de outubro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

Os cativos de 4 anos xa empezamos a levar ao noso amigo OTO e o seu Libro Viaxeiro para as nosas casas nas fins de semana. Con OTO imos disfrutar deste tempo de lecer, e coa axuda das nosas familias, plasmaremos neste Libro Viaxeiro as nosas vivencias con él. Despois amosaremos este libro na aula, e tamén lles explicaremos aos nosos compañeiros as nosas experiencias vividas co noso amigo en familia.

Carlota levou a OTO nesta fin de semana e disfrutou moito con él e coa súa familia. Tanto que ata nos explicou que os dous se quedaron dormidiños no sofá, rendidos de tanto xogar... Tamén nos amosou os preciosos debuxos que fixo e as fermosas palabras que escribiu.
Aquí a podedes ver na súa exposición oral:


NORABOA CARLOTA! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

martes, 28 de outubro de 2014

SAMAÍN: ESQUELETOS

Estimadas familias, esta é a nosa canción do SAMAÍN deste ano.
Cantade e bailade connosco!



E se o que queredes é lembrar as fermosas cancións do SAMAÍN pasado, aquí as tedes:


FELICIDADES MARTINA!

MARTINA XA TEN 4 ANOS!
FELICIDADES MARTINA!


domingo, 26 de outubro de 2014

CABAZAS!




Xa chegaron á nosa aula as fermosas cabazas que fixemos na casa, coa axuda das nosas familias. Cada un de nós amosou a súa pequena creación na aula. Tamén explicamos como son e como as decoramos.
Que fermosas nos quedaron... somos uns artistas!
GRAZAS FAMILIAS! Grazas, unha vez máis, pola vosa colaboración.

E se queredes xogar na casa a decorar cabazas, como fixemos nós,  podedes facelo de forma "virtual"... e sen manchar nada! 



mércores, 22 de outubro de 2014

MURAL DE OUTONO

Os cativos de 4 anos B estamos feitos uns artistas! Coas follas de outono que tiñamos na aula decidimos facer un mural que plasmara as cores desta estación. Así que fixemos unha árbore pintando de cor marrón  e aplastando ben para facer o tronco. Tamén lle pintamos un fermoso ceo de outono de cor azul , e unha terra de tonos laranxas. E ata lle puxemos unhas nubes grises propias desta estación.
Que bonitiño nos quedou! Mirade:


luns, 20 de outubro de 2014

OUTONO

Nesta semana os cativos de 4 anos B estivemos aprendendo cousas sobre o outono e sobre os cambios que se van producindo no tempo atmosférico. Falamos sobre o que pasa no outono: vai frío, chove, sopra o vento, as ondas do mar son moi fortes... e hai tormentas! con raios e tronos que nos dan un pouco de susto. 
Aquí podedes ver unha das actividades feitas na aula: pintamos a choiva das nubes de azul!