Visualizacións de páxina totais

xoves, 27 de febreiro de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Outra biografía viaxeira chegou á nosa aula. Esta vez tocoulle a Enma explicar a súa curta vida: contounos cousas sobre as fotiños que puxo  e tamén nos amosou como era de bebé.
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




FELICIDADES ENMA! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

FELICIDADES YOHSAN!

YOHSAN XA TEN 4 ANOS!
FELICIDADES!!


mércores, 26 de febreiro de 2014

MARCOS DECORADOS

Rubén fixo na súa casa, coa axuda da súa familia, uns marcos decorados con "chuches" e con "pedriñas". Que bonitiños!. Grazas por amosarnos estas fermosas creacións!  GRAZAS FAMILIA!



BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Outra biografía viaxeira chegou á nosa clase. Samuel falounos da súa curta vida, das cousas que lle gustan, de como era de cativiño... e tamén nos amosou as fotiños que lle puxo.
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




NORABOA, SAMUEL! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!

martes, 25 de febreiro de 2014

ENTROIDO



Nesta semana estamos celebrando o Entroido, e para empezar a festa o MECO avisounos de que temos que traer cada  día unha  cousiña, a modo de disfrace:



- O luns algo nas cabeciñas:


- O martes algo no pescozo:


- O mércores algo nos pés:


- O xoves... todo xunto!:


Esta semana, o luns pola tardiña, tivemos o obradoiro de disfraces. As mamás viñeron axudarnos a facer os nosos disfraces de trogloditas. Xa case están rematados. GRAZAS FAMILIAS! 
GRAZAS, UNHA VEZ MÁIS, POLA VOSA AXUDA E COLABORACIÓN!!

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Unha nova biografía chegou esta semana á nosa aula, da man de Yohsan. Falounos da súa curta vida, amosounos como era de cativiño, e tamén nos ensinou as fotiños que lle puxo á súa biografía.
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




NORABOA YOHSAN, FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS, FAMILIA!

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Nesta semana outra biografía viaxeira chegou á nosa aula. Paula trouxo a súas biografía cargadiña de fotos, pegatinas e debuxiños. Falounos de cando era cativiña, da praia, e tamén da súa mascota... 
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




NORABOA PAULA! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

luns, 24 de febreiro de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Unha nova biografía chegou á nosa aula. Esta vez, Aitana fíxonos a súa exposición oral sobre a súa curta vida e tamén nos amosou as fotiños que lle puxo . Aquí podedes ver a súa explicación:




FIXÉCHELO FENOMENAL AITANA!
GRAZAS FAMILIA!


venres, 21 de febreiro de 2014

FIGURIÑAS DE CORES

Samuel fixo na súa casa, coa axuda da súa familia, unha morea de figuriñas de cores. 
E trouxoas á escola para amosarnos o ben que lle quedaron. 
Tamén nos explicou qué era cada unha delas e como as fixera...



GRAZAS SAMUEL POR COMPARTILAS CON NÓS!
GRAZAS FAMILIA!

xoves, 20 de febreiro de 2014

NÚMERO 2

Os cativiños de 3 anos levamos uns días traballando co número 2 e a súa representación gráfica. E coa práctica na nosa pizarra dixital, melloramos cada día  . Xa nos sae fenomenal! Mirade:
  


martes, 18 de febreiro de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Outra fermosa biografía chegou á nosa aula: a de Ainara. Explicounos como era de cativiña e amosounos unha morea de fotos con distintos momentos especiais da súa curta vida. Gustounos moito! . Aquí podedes ver a súa exposición:





NORABOA AINARA!  FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

domingo, 16 de febreiro de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Nestes días os cativiños de 3 anos estamos metidos nun novo proxecto: a nosa biografía viaxeira. Para saber como eramos de bebés estamos facendo nas nosas casas, coa axuda das nosas familias, unha pequena biografia, na que contamos algo da nosa curta vida. Tamén lle poñemos debuxiños , fotos, recordos ...

E a primeira biografía chegou nestes días á aula. Carlota amosounos como era de bebé, e ata nos trouxo unha foto ben fermosa! Explicounos quen decidiu o seu nome e o que facía de cativiña ...  Aquí podedes ver a súa exposición:





GRAZAS CARLOTA!  FIXÉCHELO FENOMENAL!!!
GRAZAS FAMILIAS!
 Grazas, unha vez máis, pola vosa axuda e colaboración.

xoves, 13 de febreiro de 2014

CONTACONTOS


Este venres os cativiños de 3 e 4 anos tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca. Pasámolo fenomenal!. Alex e Patricia, da editorial KALANDRAKA, trouxéronnos cancións, música... e unha morea de contos!. 
Aquí podedes ver unha pequena mostra:


E aquí tedes a súa web: 


martes, 11 de febreiro de 2014

APRENDEMOS XOGANDO

Nestes días os cativiños de 3 anos estamos xogando co número 2. 
Aprendemos como é, situamos no espacio o seu contorno...
Gústanos moito ir por él, sen sairnos!

venres, 7 de febreiro de 2014

TAPÓNS DE ESTAMPAR



Esta semana Rubén trouxo da casa uns tapóns moi fermosos para estampar o número 1, o número 2...  Gustáronnos moito!
E aproveitamos para crear diferentes diseños de estampación.
Grazas Rubén!







martes, 4 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ

Este xoves, 30 de xaneiro celebramos o
DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Antes deste día estivemos facendo diferentes 
actividades relacionadas coa Paz.
E aquí podedes ver unha mostra da celebración deste día e 
das actividades desenvolvidas na nosa aula:


Esperamos que as disfrutedes tanto coma nós.