Visualizacións de páxina totais

venres, 26 de setembro de 2014

UN NOVO AMIGO!

Neste novo curso estamos a coñecer novos amiguiños que se incorporan á nosa aula de 4 anos B. E tamén acabamos de coñecer a nosa nova mascota de aula. Chámase  OTO  e vai ir ás nosas casas, para que o coñezan as nosas familias e para compartir con nós momentos de alegría na compaña da nosas familias.
Aquí podedes ver fotos da súa presentación e do "bonitiño" que nos pareceu:

martes, 23 de setembro de 2014

REPASANDO...

Nos primeiros días deste novo curso os cativos de 4 anos B andamos repasando os números. Aquí podedes ver como traballamos co número 2, facendo agrupacións, series e tamén repasando a súa grafía con fichas de repaso.


martes, 16 de setembro de 2014

VOLVER A EMPEZAR!

Os cativos de 4 anos B voltamos das vacacións ben contentos e con moitas ganas de vernos. Moitos sorrisos, bicos e abrazos agardaban por nós no noso primeiro día de escola. Ademáis xa estamos facendo novos amiguiños que están chegando á nosa clase.

E para que vexades o ben que o pasamos e canto disfrutamos na escola, aquí vos deixamos unha pequena mostra... cantas ganas de VOLVER A EMPEZAR!



domingo, 14 de setembro de 2014

BENVIDOS E BENVIDAS!



Estimadas familias: o mércores 10 de setembro comezamos un novo curso na nosa nova aula de 4 anos B. Moi pronto apareceremos por esta ventaniña para amosar as nosas actividades de aula, as nosas aprendizaxes; e como non, as moitas e divertidas aventuras que nos irán acontecendo durante este curso...
Esperamos contar coa vosa inestimable colaboración un ano máis, e tamén cos vosos comentarios! Pola nosa parte seguiremos coma o curso pasado: con moita ilusión e con ganas de aprender día a día... Ata pronto!