Visualizacións de páxina totais

mércores, 24 de decembro de 2014

FESTIVAL DE NADAL

Neste último venres de clase os cativos de Educación Infantil celebramos o noso Festival de Nadal
Alí estaba Papá Noel e o seu reno explicándonos cousiñas do Nadal e o seu significado; e para axudarlles nesta tarefa, pedíronnos aos cativos de Infantil que cada aula levase unha palabra que representara o Nadal... A nosa clase decidiu levar a palabra ILUSIÓN. Puxemos todas as palabriñas xuntas para que todas elas nos axudaran a entender o Nadal un pouco mellor.



Tamén puidemos ver o fermoso conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis", e cantar todos xuntos. E para rematar o Festival, cada curso cantou e bailou a súa canción de Nadal. Nós cantamos a nosa canción "Muñeco de nieve" cos nosos compañeiros de 4 anos... foi todo ben divertido. Pasámolo moi ben!  


Aquí podesdes ver o último ensaio que fixemos na aula antes da nosa actuación,
así podedes ver moi ben como cantamos e bailamos todos...
 Estamos feitos uns artistas!!

VISITA DE PAPÁ NOEL!


Un día máis tarde da visita dos Reis, tamén puidemos disfrutar da visita de Papá Noel, que recolleu a carta que fixemos todos xuntos na clase e que esperamos que lle guste moito, e que se lembre de nós na noite de Nadal. E despois degustamos uns carameliños que nos dou a axudante de Papá Noel!

Aquí podedes ver o momento en que lle damos a carta da clase de 4 anos B:


sábado, 20 de decembro de 2014

VISITA DOS REIS!

Os cativos de 4 anos B tivemos unha visita ben especial! Os Reis Magos viñeron visitarnos e recoller as nosas cartas! Aproveitamos para falar con eles e explicarlles moi ben as nosas peticións. E despois degustamos unhas larpeiradas na compaña dos nosos amigos... pena que nos enredamos un pouco coas lambetadas e non nos dou tempo a ver os camelos!
Aquí nos podedes ver coas nosas cartiñas, ben contentos e agradecidos por tan fermosa visita.

/>

FELICIDADES ENMA!

ENMA XA TEN 4 ANOS!
FELICIDADES ENMA!

xoves, 18 de decembro de 2014

NADAL 2014

Os cativos de 4 anos B estamos nestes días moi atarefados rematando os nosos traballos do primeiro trimestre, preparando o Festival de Nadal, e facendo decoracións propias destas datas.
Tamén puxemos a nosa árbore de Nadal, que nos parece moi fermosa, tanto que decidimos poñela nun lugar ben visible para todos! Mirade que ben nos queda...


LIBRO VIAXEIRO: OTO

Esta fin de semana OTO pasouno estupendamente na casa de Enma. Coñeceu a toda a súa familia, e fíxose moi amigo do irmanciño de Enma. A OTO gústalle moito xogar cos bebés, aínda que ás veces lle mordan as orellas! Tamén xogou moito con Enma, e ata axudou a facer un rico biscoito!

Aquí podedes ver a Enma na súa exposición oral:



NORABOA ENMA! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

domingo, 14 de decembro de 2014

FAMILIAS

Nestes días os cativos de 4 anos B estivemos a falar das nosas familias, das persoas que a forman e tamén das novas "incorporacións": bebés, futuros irmanciños e, como non, mascotas! 
Tamén falamos de cantos somos na nosa familia, como se chaman cada un dos nosos familiares, e as cousas que eles fan por nós e nós por eles... E despois aprendemos a escribir algunhas palabriñas relacionadas coas nosas familias.
E neste proceso estivemos acompañados de fermosos contos que nos axudaron a coñecer e valorar a cada un dos membros da nosa unidade famliar.


venres, 5 de decembro de 2014

KANDINSKY: ALGÚNS CÍRCULOS


Aos cativos de 4 anos B gústanos moito observar os cadros de Kandinsky porque, coma nós, usa cores moi bonitas, e tamén lle gusta debuxar moitos círculos de diferentes tamaños. E inspirándonos na súa obra "Algúns círculos", decidimos facer as nosas creacións.
Mirade as diferentes fases do noso proxecto e o ben que nos quedaron os cadros! Somos uns artistas!

xoves, 4 de decembro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

OTO pasou esta fin de semana na compaña de Yohsan e da súa familia. Aproveitou moi ben o tempo, saiu de paseo e fixo amigos na aldea de Yohsan. Tamén coñeceu a Pirata, e caeulle moi ben... pero quen dixo que cans e gatos non se levan ben?

Aquí podedes ver a Yohsan contándonos todo:



FELICIDADES YOHSAN! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!