Visualizacións de páxina totais

venres, 31 de xaneiro de 2014

NÚMERO 2


Os cativiños de 3 anos estamos coñecendo nestes días o  número 2 
e a súa representación escrita. Pintámolo con pincel e despois démoslle un pouco de brillo para que nos quedara ben fermoso.
Xa está! Listo para levar para as nosas casas!

martes, 28 de xaneiro de 2014

CONTOS EN FAMILIA


Este venres comezamos nas clases de 3 anos o préstamo de contos aos cativiños,
 para que os poidan ler na fin de semana na compaña das súas familias.
Esperamos que os difrutedes, e que os cativiños aprendan tamén a disfrutar deles.
  

martes, 21 de xaneiro de 2014

TRAZO SEMICIRCULAR

                                                   



  DESDE ABAJO, SUBO;  
  DESDE ARRIBA BAJO.

  AHORA SOY UN PUENTE
  Y OTRO PUENTE HAGO...






Aprendemos este pequeno poemiña mentres fixemos no chan da nosa clase os nosos ""puentes"" para xogar e divertirnos... pero tamén para aprender. Con esta actividade aprendemos a situarnos no espacio e desplazarnos seguindo unha dirección marcada. E o noso esquema corporal iníciase no recoñecemento dun número...  Familias: sabedes cal?





luns, 20 de xaneiro de 2014

APRENDEMOS BAILANDO: VOCAIS


Na aula de María haiche uns nenos moi marchosos,
 que disfrutan moito cantando e bailando...
Esta é unha das súas cancións favoritas:



Nestes días andamos moi atarefados recoñecendo as 5 vocais.
Neste video aprendemos cales son as vocais, de forma sencilla e ben divertida:


Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!

venres, 17 de xaneiro de 2014

APRENDEMOS XOGANDO


Os cativos de 3 anos estamos nestes días facendo diferentes xogos para o recoñecemento visual dos nosos nomes. A nosa mestra dinos que cada un de nós é diferente, é especial...  E que o mesmo acontece cos nosos nomes!
Son diferentes: un ten moitas letras, outro poucas... , un ten letras repetidas, outro non... e estamos aprendendo a saber cal é o noso de entre todos. Éche unha cousa ben complicada con tanta letra...



sábado, 11 de xaneiro de 2014

AGASALLOS!

Menuda sorpresa nos agardaba cando voltamos das vacacións de Nadal... unha morea de agasallos!
Encantáronnos! Debe ser que traballamos moi ben todo o primeiro trimestre, e que nos portamos fenomenal...





Estes estupendos agasallos dannos ánimos para seguir traballando neste segundo trimestre que agora empezamos... cousas novas, fermosas, agardan por nós.
Iremos descubríndoas día a día na compaña dos nosos amigos e coa complicidade das nosas mestras...

xoves, 2 de xaneiro de 2014

FESTIVAL DE NADAL!

A última semana do trimestre foi moi especial para os cativiños de 3 anos. Tivemos o noso primeiro Festival de Nadal!
Estivemos moitos días practicando para que todo nos saira ben e non nos traicionaran os "nervios"...
Aquí nos podedes ver no ensaio final antes da nosa actuación no pabellón:




E aquí podedes ver algunhas fotiños deste día. Disfrutamos moito coas actuacións do Festival de Nadal!