Visualizacións de páxina totais

venres, 27 de febreiro de 2015

VAN GOGH E A SÚA OBRA (I)




Os cativos de 4 anos levamos este mes de febreiro facendo unha aproximación ao pintor V. Van Gogh e ás súas fermosas obras pictóricas. 
Empezamos coñecendo a súa biografía e algunha das súas obras máis famosas. Pareceunos unha persoa moi triste, nos seus autorretratos nunca se rí... Pero entendemos moi ben que lle gustara tanto pintar que, ás veces, ata esquecía de comer ou durmir. A nós tamén nos gusta moito pintar e experimentar co pincel! 

Estas son as primeiras aportacións dos cativos e das súas familias que chegaron á nosa aula!
SON TAN FERMOSAS que merecen todo o protagonismo no noso blogue:







MOITAS GRAZAS FAMILIAS!
SODES UNS ARTISTAS!

martes, 24 de febreiro de 2015

LIBRO VIAXEIRO: OTO

OTO pasou estes días de entroido na casa de Gabriel. Estivo ben contento xogando con él e co seu irmán. Os tres disfrutaron moito nestas vacacións, fixeron unha morea de cousas xuntos! A OTO gustoulle moito coñecer a familia de Gabriel.

Aquí podedes ver as fotos da súa exposición oral:



FIXÉCHELO MOI BEN GABRIEL! NORABOA!
GRAZAS FAMILIA!

xoves, 19 de febreiro de 2015

OS XIRASOLES DE VAN GOGH


Neste entroido os cativos de 4 anos estivemos preparando o noso disfraz de XIRASOL. Neste mes estamos facendo unha aproximación a VAN GOGH e a súa obra, así que o noso disfraz ten moito que ver con este pintor impresionista e coa súa obra: OS XIRASOLES.
Pasamos estes días traballando nos nosos disfraces: pegamos as follas e decoramos os pétalos do xirasol. E ata fixemos unha coroa para levar na cabeza: coloreamos cada xirasol, botámoslle alkil e picamos amodiño para que nos quedara ben fermosa! 

Tamén ensaiamos a canción e o baile para o Festival. Aquí a  tedes!

E así foi como nos disfrazamos este ano... aquí tedes fotiños de todo o proceso, e do ben que nos acaían os traxes!



martes, 10 de febreiro de 2015

MANDADOS DO MECO!



+ LUNS ALGO NA CABEZA:

 

+ MARTES ALGO NO PESCOZO:


+ MÉRCORES ALGO NA CINTURA:



+XOVES... TODO XUNTO:



luns, 9 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ!

Os cativos de 4 anos B levamos todo o mes de xaneiro levando a cabo unha morea de tarefas relacionadas coa PAZ: aprendemos a nosa canción deste ano, fixemos pombas, lemos contos, repartimos apertas e amizade, fixemos os corazóns e a coroa para o día da celebración... canto traballamos!
E como a celebración se tivo que aprazar unha semana por culpa do mal tempo, aquí quedan algunas fotiños das actividades levadas a cabo na aula e no pavillón:


sábado, 7 de febreiro de 2015

TEMOS VISITA!

Cando chegamos á aula, os cativos de 4 anos B tiñamos unha sorpresa enorme... un esqueleto estaba esperando por nós!  Menudo susto!  Mimadriña, que delgado está...  é todo ósos!
Pero con él aprendemos unha morea de cousas: as partes do corpo, os nomes dos ósiños que temos no corpo, o nome das articulacións... e como nos daba un pouco de medo decidimos "vestilo" de forma moi aparente. 
Agora cada día poñémoslle unha roupa diferente, xa é o noso amigo, queremos que se quede conosco e levalo ao parque a xogar con nós. Por certo.... chámase PEPE!



mércores, 4 de febreiro de 2015

SACAPENAS!

Paula levou esta fin de semana o conto SACAPENAS para ler na casa coa súa familia.  E como lle gustou moito, tivo a sorte de que a súa nai lle fixo un  ""SACAPENAS""  para cando estivera preocupada ou triste... trouxonos dous ""SACAPENAS"" fermosísimos para amosarnos na clase!  Non lles falta detalle!


Adivinades cal é a súa? 
A cor preferida de Paula? Rosa

 PODEDES VER O CONTIÑO COMPLETO NESTE ENLACE: 

LIBRO VIAXEIRO: OTO

Esta foi unha fin de semana moi especial para Nour, porque estivo con OTO e presentoullo á súa familia. OTO estivo moi contento e xogou moito con Nour e cos seus irmáns, tamén foi facer a compra ao super, e ata tomou un delicioso biscoito no almorzo. OTO tamén durmiu con Nour e portouse moi ben na súa casa.

Aquí vemos a súa exposición oral:



FIXÉCHELO FENOMENAL NOUR!
GRAZAS FAMILIA!