Visualizacións de páxina totais

venres, 25 de setembro de 2015

BIMBA!

Os cativos de 5 anos B estamos moi contentos, temos unha nova mascota! Chámase BIMBA e vainos acompañar todo este curso que agora comeza. Xa está con nós na aula, e vai ir indo cada día ás nosas casas para coñecer as nosas familias. É unha cadeliña dálmata ben guapiña. E pórtase moi ben coas nosas familias.
Aquí podedes ver como chegou á nosa aula e canto nos encariñamos con ela:


domingo, 20 de setembro de 2015

ESTAMOS DE VOLTA!

Unha vez máis, os cativos que agora xa somos de 5 anos B queremos amosar por esta ventaniña a nosa aula e as cousiñas que nela acontecen cada día. 
Andamos ben ocupados coñecendo a novos compañeiros que veñen de moi lonxe e tamén novos mestres! Ademáis temos a sorte de contar neste primeiro trimestre cunha nova profe, Saray, que nos vai acompañar nesta fermosa aventura de aprender a aprender.
E aquí tedes unhas fotiños do noso primeiro día. Canta felicidade volver a encontrarnos todos e abrazarnos despois de tantos días sen vernos! Moitas cousas por contar, moitos xogos por xogar, e algún que outro segredo por compartir.... 

martes, 8 de setembro de 2015

BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO !

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!  

Estimadas familias: este xoves 10 de setembro comezamos un novo curso, que unha vez máis será moi especial para todos nós...
E voltaremos a sair por esta ventaniña para amosar as nosas actividades de aula, as nosas aprendizaxes; e como non, as moitas e divertidas aventuras que nos irán acontecendo durante este curso... 
Esperamos contar unha vez máis coa vosa inestimable colaboración, e tamén cos vosos comentarios! Pola nosa parte seguiremos coma nestes cursos pasados: con moita ilusión e con moitas ganas de aprender día a día... Ata pronto!