Visualizacións de páxina totais

luns, 21 de decembro de 2015

ENSAIO XERAL!

No último día de escola os cativos de E. Infantil tivemos o noso Festival de Nadal. Escollemos neste ano o recitado dun pequeno poema relacionado co Nadal. 
Fixemos unha  actuación ben fermosa!  Quedounos fenomenal! Somos uns artistas!
Aquí tedes unha pequena mostra da nosa poesía, no último ensaio antes da nosa actuación do vernes:

NORABOA ENMA!

ENMA XA TEN 5 ANOS!
FELICIDADES ENMA!

TEMOS VISITA!

Os cativos de E. Infantil tivemos unha visita ben especial nestes días antes de Nadal! Os Reis Magos viñeron dar unha voltiña pola nosa escola... Recibímolos con moita ilusión, levamos as nosas cartiñas e explicámoslle con todo detalle o que nelas escribimos e debuxamos. Eles escoitaron con moita atención, e despois gardaron as nosas cartas... agora só nos queda esperar! Traerán o que lle pedimos? 

martes, 15 de decembro de 2015

DECORANDO O NADAL!

Os cativos de 5 anos fixemos nas nosas casas, coa axuda das nosas familias, unhas fermosas campás que xa están decorando os corredores da nosa escola. Aquí nos vedes amosando as nosas manualidades e explicando os diferentes materiais que utilizamos. Que bonitiñas nos quedaron!

luns, 14 de decembro de 2015

DECORACIÓNS!

PAULA, INÉS e AINARA fixeron nas súas casas unhas fermosas manualidades para decorar a nosa aula de 5 anos! Son ben fermosas! Encántannos! GRAZAS FAMILIAS! 





mércores, 9 de decembro de 2015

ONDE VIVIMOS?

Os cativos de 5 anos B levamos días aprendendo cousas sobre a nosa cidade, o noso barrio, e as rúas nas que vivimos. Cada un de nós fixo a súa exposición oral explicando cousas sobre a súa casa, a súa rúa e o barrio no que vivimos. Canta ilusión nos fixo amosar a casa onde vivimos! 
GRAZAS POLA VOSA APORTACIÓN FAMILIAS!
Aquí nos podedes ver explicando todo aos nosos compañeiros:



domingo, 6 de decembro de 2015

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

Desta vez BIMBA foi pasar uns días ben divertidos con Yohsan e coa súa familia. Tamén estivo coas súas mascotas, e pasárono moi ben todos xuntos! E ata foi de viaxe na fin de semana con Yohsan fóra da cidade, para cambiar de aires!
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




GRAZAS FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN!

mércores, 2 de decembro de 2015

QUIMIONS!


Os cativos de 5 anos participamos na iniciativa solidaria QUIMIONS CORUÑA facendo entre todos un MINION ben fermoso. Pero este MINION (CARL), non vai ir só ao Hospital Materno Infantil. Vai ir acompañado doutros dous fermosos traballos realizados por Paula e a súa familia.
Se non coñecedes esta iniciativa solidaria na cal colaboramos todos aquí tedes información:


E aquí nos podedes ver, orgullosos e felices por poder compartir unha actividade tan gratificante.