Visualizacións de páxina totais

domingo, 28 de xuño de 2015

MERENDOLA NO XARDÍN!

Os cativos de 4 anos decidimos celebrar o remate do curso saíndo a meredar no noso xardín! Este xardín gústanos moito, está cheo de árbores que nos dan sombriña cando chega a calor nos últimos día de escola!
Despois de merendar adicamos un tempo a curiosear polos arredores. Atopamos unha morea de cousas que nos fixeron ollar con atención o noso xardín: plantas, flores, ramas, animaliños... que divertido é descubrir o mundo que nos rodea!
Aquí podedes ver o ben que o pasamos...


/>

xoves, 25 de xuño de 2015

A CASIÑA DAS RÁS!

As crías de rá (cágados) da clase do profe Rafa xa se converteron en rás! Que emoción! Xa teñen as catro patiñas... e xa non teñen rabo! Que bonitiñas que son, e que contentas están na súa nova casa, máis grande e fermosa que a anterior... Mirade, mirade!




Máis información no blogue do profe RAFA: 

domingo, 21 de xuño de 2015

O CICLO DA AUGA


Neste mes de xuño os cativos de 4 anos B estivemos aprendendo, experimentando e investigando sobre o ciclo da auga e a súa importancia na vida do noso planeta. Aprendemos a diferencia entre auga doce e salgada, potable e non potable... tamén aprendemos a importancia que ten na vida dos seres vivos e na natureza. O que máis nos impresionou... o poderosa que é! pode cambiar de estado(sólido, líquido, gaseoso),  pode ter unha forza infinita, e ata pode ser invisible! Que cousa tan sorprendente!
Aquí podedes ver algunhas das experiencias levadas a cabo na aula e algúns dos libros utilizados para as nosas investigacións:


luns, 15 de xuño de 2015

RECOLLEMOS OS FABALLÓNS!

Os cativos de 4 anos B estivemos recollendo os faballóns que plantamos fai uns meses na nosa horta. Arrincamos as plantas, que xa eran tan altas coma nós e quitámoslle as vainas onde estaban agochados os nosos faballóns. Canto disfrutamos na horta! E fixemos un bo traballo!
Despois xa na aula repartimos o traballo, debullamos tódalas vainas e fixemos reconto. A recolleita non nos dou para facer unha fabada, pero puidemos facer unha morea de cousas ben divertidas: contar, sumar, seriar... e ata algúns xogos manipulativos!

Aquí podedes ver as fotiños:

xoves, 11 de xuño de 2015

CIRILO...

Os cativos de 4 anos B queremos presentarvos a un novo amigo , chámase CIRILO , e non é de cor cocodrilo...


Este contiño pertence a unha colección chamada "contos para sentir". Gustounos moito! Con el descubrimos que todos somos importantes,  que hai cousas que nos fan diferentes... pero que tamén nos fan especiales, únicos. E despois de coñecer a súa historia,  decidimos facer uns fermosos debuxiños:

luns, 8 de xuño de 2015

TEMOS VISITA!



Esta semana os cativos de 4 anos B tivemos unha visita moi especial na aula. O profe Rafa deixounos disfrutar das crías de rá ( cágados) que ten na súa aula todo un día! 
Que emoción! Canto nos gustou telos na aula! Démoslle a merenda, miramos como nadaban, como se agochaban detrás das pedras... Esta visita axudounos a observar e aprender moitas cousas sobre os animais acuáticos dentro do seu ecosistema. Tamén nos prestou uns fermosos libros que xa estamos lendo na aula, e que nos axudan a entender mellor a vida destes sorprendentes animaliños.
GRAZAS RAFA! Grazas por compartilo con nós.

mércores, 3 de xuño de 2015

REGLETAS!

Os cativos de 4 anos B levamos uns meses aprendendo a manipular as REGLETAS DE CIUSENAIRE. E xa se nos da moi ben!  
As regletas son unha forma de manipulación matemática que nos axuda a aprender unha morea de cousas: a aprendizaxe da serie numérica ata o dez, establecer equivalencias, a composición e descomposición de números, realizar operacións básicas como a suma... todo esto de forma lúdica e manipulativa. Sonche ben divertidas! Disfrutamos moito con elas!
Aquí podedes ver algunhas das actividades que facemos na aula: