Visualizacións de páxina totais

venres, 28 de outubro de 2016

CONTACONTOS NA NOSA BIBLIOTECA

Este mércores tivemos unha sesión de CONTACONTOS na nosa biblioteca. Este ano tocounos un conto de bruxas!! Tivemos un pouco de medo... pero disfrutamos moito!
Grazas ao profe Manu por contarnos o conto: A BRUXA REGAÑADENTES

Non coñecedes este conto?
 Pois aquí podedes disfrutar del:


martes, 18 de outubro de 2016

QUE SAE DUN OVO?

Os cativos de 4 anos C despois da aventura vivida no noso xardín, e de ter que coidar dun ""ovo amarelo"" na nosa aula, decidimos investigar que animal podía saír do noso "" ovo amarelo"".
Por iso estivemos nestes días moi atarefados aprendendo cousas sobre os ovos e os animais que son OVÍPAROS. E as nosas familias axudáronnos moito investigando connosco nas nosas casas.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIAS!

venres, 14 de outubro de 2016

O NOSO OUTONO

O noso OUTONO é laranxa, vermello e amarelo.
O noso OUTONO é fermoso, colorido e sinxelo.

O noso OUTONO é sen choiva, e sen chubasqueiro.
O noso OUTONO é coma nós, doce e silandeiro.

luns, 10 de outubro de 2016

AVENTURA NO XARDÍN!

Os cativos de 4 anos fomos todos xuntiños buscar follas polo noso fermoso xardín. Atopamos moitas! Pero tamén atopamos unhas pegadas moi grandes que non soubemos identificar... de que animal serían? Decidimos investigar e atopamos un niño! Nel había tres ovos grandes e coloridos! Como a súa mamá non estaba e deixou os pobres ovos abandonados as tres clases decidimos ""adoptar"" os ovos... e como nós temos lazo amarelo, tocounos o amarelo! 
Menuda aventura! Para que o oviño non pase frío puxémolo nunha camiña con manta e almofada! Pero non sabemos que imos facer con él! Esperamos que veña a súa familia buscalo?
Este ovo éche ben raro, temos moitas dúbidas: será de galiña, de dragón, de dinosaurio, de vaca?
TEMOS QUE INVESTIGAR...


OVO AMARELO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

domingo, 2 de outubro de 2016

ESTAMOS DE VOLTA!

Rematou setembro e os cativos de 4 ANOS C estivemos facendo unha morea de cousas na nosa escola. 
Aquí podedes ver un pequeno resumo destes primeiros días na nosa aula; as diferentes actividades realizadas, o ben que o pasamos aprendendo cousas novas e o moito que disfrutamos todos xuntos.


Estamos empezando o curso con moita ilusión! Por diante quedan moitas cousas por contar, moitos xogos por xogar, moitas aventuras por compartir... e algún segredo por descubrir.