Visualizacións de páxina totais

xoves, 26 de maio de 2016

O SISTEMA SOLAR!

Inés trouxo á aula unhas aportacións moi interesantes sobre o UNIVERSO. Fixo, coa axuda da súa familia, un Sistema Solar ao que non lle faltaba detallle! Ata tiña unha pequena sorpresa, en forma de superheroe!
E como había tantas cousas, decidimos entre todos ir poñéndolle nome a cada unha delas, para así poder lembrarnos de todo... e quedou ben fermoso! 
GRAZAS INÉS! GRAZAS FAMILIA!

luns, 23 de maio de 2016

NA CASA DAS CIENCIAS!

Os cativos de 5 anos, todos xuntos, fixemos unha visita ao PLANETARIO e á CASA DAS CIENCIAS. Aproveitamos para aprender unha morea de cousas sobre ciencia e Universo, tamén para manipular e divertirnos cos diferentes xogos interactivos e, como non, admirar o Péndulo de FOUCAULT
E despois de tanto aprender, fomos merendar e disfrutar todos xuntiños do fermoso parque infantil que hai no Parque de Santa Margarita.
Pasámolo moi ben!


luns, 9 de maio de 2016

DE VISITA NO PARQUE DE BOMBEIROS!

Os cativos de 5 anos B fixemos unha visita ben divertida ao Parque de Bombeiros de A Coruña. Alí amosáronnos as instalacións, o parque móbil, as oficinas.. e puidemos ver como son os uniformes, a cucaña, o ximnasio... foi unha visita ben interesante!
Aprendemos as cousas que debemos facer en caso de incendio, fume ou inundación... Os bombeiros tamén nos contaron como axudan nos rescates por terra e por mar... e, por suposto, aprendemos o número de emerxencia dos Bombeiros! E despois, estivemos practicando coa auga, e  aprendemos a coller a mangueira de forma axeitada para ser uns bos aprendices de "bombeiros".
Aquí podedes ver algunhas fotiños que amosan canto aprendemos... e canto disfrutamos!


xoves, 5 de maio de 2016

SEMANA DO LIBRO!

Un ano máis os cativos de 5 anos B estivemos celebrando a SEMANA DO LIBRO, con unha morea de acividades. Este ano adicámonos a aprender cousiñas sobre JULIO VERNE e as súas obras. Centrámonos na súa obra LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS. Investigamos sobre o autor, fixemos un libriño sobre a súa obra, decoramos marcapáxinas, aprendemos cancións, fixemos manualidades para a exposición da Billioteca... Cantas cousas aprendemos!
E para rematar unha semana tan especial, tivemos unha sesión de contacontos coa profe TATIANA, que nos levou dar unha volta polo mundo da man do señor P. FOGG. Canto nos gustou! MOITAS GRAZAS PROFE TATIANA!


martes, 3 de maio de 2016

VISITAMOS O MERCADO DAS CONCHIÑAS!

Os cativos de 5 anos fixemos a semana pasada unha visita ao MERCADO MUNICIPAL DAS CONCHIÑAS. Como fomos andando, contamos coa inestimable axuda da policía e das familias, que nos axudaron no noso percorrido de ida e volta. Xa no mercado puidemos, coa axuda de Yara e dos placeiros, aprender unha morea de cousas sobre os alimentos. Tamén estivemos a degustar uns deliciosos amorodos e requeixo na merenda! 
E despois fixemos uns fermosos debuxos sobre o que apredemos no MERCADO, que irán ao CERTAME DE DEBUXO: "QUEREOTEUMERCADO". 

Pasámolo fenomenal! Grazas familias, pola vosa axuda e colaboración!