Visualizacións de páxina totais

xoves, 12 de xaneiro de 2017

SORPRESA!

Cando chegamos á nosa aula no noso primeiro día de escola había unhas sorpresiñas en forma de agasallos debaixo da nosa árbore! Foi moi emocionante ver o que había nos paquetiños... Gustounos moito!
Empezamos o ano compartindo xogos e falando do ben que o pasamos nas vacacións de NADAL. O noso primeiro día foi estupendo!
Así, contentos e ilusionados, empezamos o noso segundo trimestre.
Novas aventuras agardan xa por nós, novas ilusións, novas cousas por aprender xuntos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario