Visualizacións de páxina totais

luns, 27 de marzo de 2017


Con motivo da celebración neste 21 de marzo do  DÍA DA POESÍA os cativos de 4 anos C estivemos nesta semana aprendendo un poemiña de GLORIA FUERTES chamado POEMA DEL NO.
E como era curto decidimos escribilo amodiño e con boa letra. Así foi como nos quedou...

martes, 21 de marzo de 2017

DINOSAURIOS!

Os cativos de 4 anos C estivemos facendo uns fermosos DINOSAURIOS de cartón. Foi unha forma divertida de reciclar e reutilizar materiais, de darlles un novo uso. 
E desta vez convertémolos nun xoguete ben divertido! Quedáronnos tan bonitiños que os levamos para xogar nas nosas casas.

mércores, 15 de marzo de 2017


Os cativos de 4 anos aproveitamos este día tan fermoso do venres para ir merendar todos xuntos no noso xardín. Foi estupendo poñer o mantel na herba e merendar fóra da aula, e despois disfrutar do noso fermoso xardín.

luns, 13 de marzo de 2017

MARY ANNING: PALEONTÓLOGA

Os cativos de 4 anos participamos na actividade proposta desde a Biblioteca do centro polo 8 de marzo, DÍA DA MULLER. Decidimos aprender a biografía dunha muller que revolucionou o mundo da Paleontoloxía: MARY ANNING.
Investigamos sobre a súa vida, e aprendemos moitas cousas: foi unha muller adiantada ao seu tempo,  estudiosa, traballadora, buscadora e vendedora de fósiles... 
Os seus descubrimentos espertaron admiración na sociedade científica, pero tamén desconfianza e desprecio; non valoraban os seus fósiles tan extraordinarios, nin as súas aportacións á teoría da extinción das especies.

Foi un traballo ben interesante, gustounos debuxar e escribir sobre a súa vida:



Máis información sobre Mary Anning:


martes, 7 de marzo de 2017




Cada ano hai once días de entrada gratuíta nos Museos Científicos Coruñeses.
En 2017 os días de entrada gratuíta aos tres museos son:
-  Martes de Entroido (28 de febreiro)
-  Día Internacional da Muller (8 de marzo)
-  Día da Ciencia na Rúa (6 de maio)
-  Día dos Museos (18 de maio)
-  Semana da Ciencia (13-19 de novembro)


     Día Internacional da Muller. Entrada gratis

mércores, 8 de marzo de 2017

Xornada de portas abertas.

ENTRADA GRATUÍTA ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. E tamén ás salas de proxección: Planetario e Cine 3D, previa retirada de invitación.

Máis información: http://mc2coruna.org/gl/

domingo, 5 de marzo de 2017

CARETAS DE ENTROIDO!

Os activos de 4 anos C estivemos decorando caretas para celebrar o ENTROIDO.
 E despois levámolas para a nosa casa para xogar e disfrutar nas vacacións...



mércores, 1 de marzo de 2017