Visualizacións de páxina totais

mércores, 31 de maio de 2017

martes, 30 de maio de 2017

SEMENTAMOS... LEITUGAS!

Os cativos de 4 anos C estivemos na aula plantando unhas sementes de leitugas. Fixémoilo moi ben:
   1) Botamos unha pouca terra para ""facerlle unha cama""
   2) Botamos unha presa de sementes cativiñas de leituga chamada "dama de maio"
   3) Tapamos as sementes con terra ""tapámolas coa manta""
   4) Démoslles un pouco de auga para que crezan ben
   5) Puxémolas nun lugar con luz

E aquí podedes ver que traballo tan ben feito:


LEITUGAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

xoves, 25 de maio de 2017

VISITAMOS MARÍA PITA(II)

O fío condutor da nosa ruta por MARÍA PITA foi a historia da batalla entre coruñeses e ingleses, iniciada coa lectura da carta de Sir Drake . En cada lugar da plaza aprendemos unha parte da historia e cada un destes lugares sservíronnos para desenvolver diferentes propostas educativas: 
        1. “O refuxio”, no vestíbulo do Concello. Área: Identidade e autonomía persoal (sensopercepción: vista). 
        2. “O valor das mans”, nos soportais do Concello. Área: Identidade e autonomía persoal (sensopercepción: tacto) 
         3.  “En alerta”, en Porta de Aires. Área: Identidade e autonomía persoal (sensopercepción: oído)
         4. “A unión fai a forza”, na parte central da praza. Área: Identidade e autonomía persoal (coordenadas espacio-temporais: movemento) 
        5. “Esta é a nosa historia”, arredor da estatua de María Pita. Área: Comunicación e representación (expresión oral e plástica) 

Foi unha xornada moi interesante. Aprendemos moitas cousas e foi unha actividade moi divertida! Aquí podedes ver as fotiños que o demostran:


martes, 23 de maio de 2017

HISTORIAS DE MARÍA PITA (I)

Os cativos de 4 anos C estivemos nestes días aprendendo moitas cousas da biografía de María Pita.  E tamén aprendemos unha canción que nos gusta moito... Podedes vela neste enlace:  


E así foi como nos preparamos para a nosa RUTA URBANA ANIMADA que nos esperaba na Plaza de María Pita e que consistía no seguinte...

 RUTAS URBANAS ANIMADAS: HISTORIAS DE MARÍA PITA

OBXECTIVOS: 
− Coñecer un espacio singular da cidade, onde se rinde tributo a Maria Pita, personaxe histórico que se enfrentou ao exército inglés. 
− Xogar cos sentidos para achegarse dunha forma lúdica aos diferentes momentos nos que se desenvolveu a batalla entre o exército coruñés e o inglés.
 − Interiorizar valores humanos como a cooperación e a unión do grupo para afrontar os momentos difíciles que se poidan presentar. 

DESCRICIÓN 
Esta ruta preséntase baixo a estrutura dun “itinerario guiado por estacións”, é dicir, o educador será o encargado de levar ao alumnado polas catro estacións e desenvolver con eles as actividades interactivas que se prantexan en cada unha delas.
 O fío condutor desta ruta é a historia da batalla entre coruñeses e ingleses. En cada estación, segundo a actividade que se vaia a realizar, introducirase unha parte da historia, e cada unha destas estacións sérvenos para desenvolver diferentes propostas educativas co noso alumnado.

xoves, 18 de maio de 2017

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS

Nesta semana das Letras Galegas os cativos de 4 anos C estamos aprendendo unha morea de cousas sobre CARLOS CASARES:



Tamén lemos algúns dos seus contos. 
O noso preferido: LOLO ANDA EN BICICLETA.


luns, 15 de maio de 2017

venres, 12 de maio de 2017

BARTOLOMÉ!

O noso amigo o caracol BARTOLOMË está na nosa horta! Os cativos de 4 anos fomos todos xuntiños á horta para ver a súa fermosa casiña. Tamén aproveitamos para saudalo e cantarlle cancións!
A que non estaba na casa nin andaba pola horta era a miñoca UXÍA... éche moi aventureira, gustalle sair a explorar pola contorna.

martes, 9 de maio de 2017

APRENDEMOS XOGANDO...

Os cativos de 4 anos C andamos xogando nestes días a ordenar os numeriños de menor a maior, e de maior a menor. Menudo lío! Cal é o máis cativiño? Cal é o máis grande?
Con diferentes xogos de observación, seriación e ordenación aprendémolos todos moi ben!

venres, 5 de maio de 2017

SEMANA DO LIBRO


Os cativos de 4 anos C estivemos nesta última semana de abril celebrando a "semana do libro" lendo contos, falando dos nosos libros preferidos, facendo marcapáxinas... e aprendendo moitas cousas sobre Gloria Fuertes.
Aprendemos algúns dos seus poemiñas. Estes foron os nosos elexidos:







luns, 1 de maio de 2017

VOLEIBOL FEMININO!

Os cativos de infantil aproveitamos para ir a ver o Campionato Juvenil Feminino de Voleibol no noso pabillón! Gustouno moito. Foi ben emocinante!