Visualizacións de páxina totais

domingo, 26 de novembro de 2017

AS PRAIAS DA CORUÑA...

Os cativos de 5 anos C levamos unhas semanas aprendendo moitas cousas sobre as praias da nosa cidade: como son, onde están, cántas hai, cales nos gustan moito... As que teñen unha arena fermosa para xogar a facer castelos... as que teñen olas tan grandes que podemos surfear... as que están protexidas do vento para tomar o sol tranquiliños... e ata unha que ten unha serea vixiando os noxos xogos na beira do mar!  
QUE BONITIÑAS QUE SON! GÚSTANNOS MOITO!
Observamos as súas características físicas: rochas, area, mar, cantís... Éche ben interesante ver que hai tantas e tantas! E cada unha delas con algo especial! 

venres, 17 de novembro de 2017

MAGOSTO!

Os cativos de infantil tivemos o noso MAGOSTO na escola! 
Fixemos unha morea de cousas divertidas: contamos castañas, fixemos manualidades, lemos contos, cantamos cancións... E rematamos a semana xogango todos xuntiños a moitos xogos populares: encesta a castaña, o pano, os bolos... pasámolo moi ben! 
E despois de tanto xogo degustamos unhas saborosas castañas! Estaban quentiñas!


MAGOSTO />

domingo, 12 de novembro de 2017

OS NOSOS MEDOS...

Aproveitando que o Samaín está relacionado con cousas que dan medo, os cativos de 5 anos C estivemos nestes días falando dos nosos medos, das nosas angustias, do que máis medo nos da, das cousas que nos fan tremer ou paralizarnos, e de qué podemos facer para sacalos das nosas vidas, alonxalos de nós.

E como pasa no conto de Fiz( o coleccionista de medos), decidimos coleccionalos todos, e metelos nunha caixa. E deixalos alí, en repouso, para que non nos molesten. Para que cada vez sexan máis pequenos, para que nos deixen de atemosizar, para que se convirtan nunha cousa cativiña , e que non nos condicionen na nosa vida diaria... 

E despois?  Despois de telos un tempo encerrados, decidimos... tirar con eles! 


NON COÑECEDES A FIZ?
AQUÍ O TEDES...

xoves, 9 de novembro de 2017

MERENDAS MONSTRUOSAS!

Neste SAMAÍN os cativos de 5 anos C saboreamos unhas merendas ben divertidas.  Conpartimos galletas con diferentes formas, e lambonadas de todo tipo. Algunhas ata daba medo comelas!

martes, 7 de novembro de 2017

CELEBRAMOS SAMAÍN!

E un ano máis, os cativos de 5 anos C celebramos o SAMAÍN na nosa escola. Falamos sobre diferentes costumes en Galicia e no resto do mundo, fixemos manualidades, decoramos cabazas, contamos contos de medo, creamos monstruos, cantamos cancións... pasamos unha semana ben divertida!

Mirade, mirade...

venres, 3 de novembro de 2017

KORUÑEANDO!

Os cativos de 5 anos C estamos neste curso coñecendo a nosa cidade . Nestes días andamos aprendendo cousas sobre  o barrio no que está a nosa escola , a Sagrada Familia, e sobre os barrios nos que vivimos. Observamos, lemos e explicamos a información que traemos das nosas casas. Esta información axúdanos a aprender cousas ben interesantes...