Visualizacións de páxina totais

domingo, 12 de novembro de 2017

OS NOSOS MEDOS...

Aproveitando que o Samaín está relacionado con cousas que dan medo, os cativos de 5 anos C estivemos nestes días falando dos nosos medos, das nosas angustias, do que máis medo nos da, das cousas que nos fan tremer ou paralizarnos, e de qué podemos facer para sacalos das nosas vidas, alonxalos de nós.

E como pasa no conto de Fiz( o coleccionista de medos), decidimos coleccionalos todos, e metelos nunha caixa. E deixalos alí, en repouso, para que non nos molesten. Para que cada vez sexan máis pequenos, para que nos deixen de atemosizar, para que se convirtan nunha cousa cativiña , e que non nos condicionen na nosa vida diaria... 

E despois?  Despois de telos un tempo encerrados, decidimos... tirar con eles! 


NON COÑECEDES A FIZ?
AQUÍ O TEDES...

Ningún comentario:

Publicar un comentario