Visualizacións de páxina totais

venres, 29 de novembro de 2013

O NOSO AMIGO MIMOS


Familias, o noso amigo Mimos está moi contento nesta escola. 
Nestes días Mimos vai ás nosas casas para coñecer as nosas familias: cada día un de nós levao para a casa, xoga con él e traeo de volta ao día seguinte. E aproveitando a visita estamos facendo un novo amiguiño para que o acompañe na escola.     

Grazas familias pola vosa colaboración!


Nesta entrada irán aparecendo tódolos amigos de Mimos que ides creando:


Ainara fixo unha amiga para Mimos, chámase LUISITA.
É  moi fermosa e cariñosa.

Aitana fixo unha amiga para Mimos, chámase CARICIAS.
É moi tímida e cariñosa, non se deixa ver!

Paula fixo unha amiga para Mimos, chámase RAIO.
É moi agarimosa e sonríe moito.

Johsan fixo unha amiga para Mimos, chámase BICICLETA.
É moi presumida, ata leva gorro...


Samuel fixo unha amiga para Mimos.
 Chámase Margarita, e ten o pelo moi longo.

Lucas fixo un pequeno amigo para Mimos.
Púxolle de nome JOSÉ MARÍA
Miguel fixo un amigo para Mimos.
Xa lle puxo nome... chámase POMPONES

Inés fixo un amigo para Mimos.
Chámase GUANTERETA OJOS.

Gabriel tamén lle puxo un nome ao amigo de Mimos: JUANITO


Rubén tamén fixo un amigo para Mimos. Realmente, son cinco!.
 Chámase CINCO ANIMALITOS

Martina fixo un amigo para xogar con Mimos.
Aínda non se deciciu a poñelle un nome...

Lucía fíxolle un amigo a Mimos.
Non se deciciu a poñelle un nome...

martes, 26 de novembro de 2013

PIZARRA DIXITAL

Como podedes ver familias, estamos aprendendo o número 1 e a súa escrita. E na pizarra dixital podemos practicar un montón sen medo a equivocarnos. E se nos equivocamos, borramos... e xa está!

venres, 22 de novembro de 2013

APRENDEMOS XOGANDO...

Os cativiños de 3 anos B estamos xogando co número 1. A profe fíxonos o número 1 ben grande no chan, para que poidamos subirnos a él! Gústanos subir, parece unha montaña...



E  así estamos estes días, sube que te sube:




 

mércores, 20 de novembro de 2013

A MIÑA FAMILIA


Os cativiños de 3 anos B estivemos estes días falando das nosas familias. 
Trouxemos fotos e puxémolas nunha casiña ben bonitiña.


E aquí nos podedes ver facendo a nosa exposición oral  diante dos nosos compañeiros.
Explicamos cantos son os membros da nosa familia e como se chama cada un.
 Fixémolo fenomenal!
GRAZAS FAMILIAS POLAS FOTOS!

luns, 18 de novembro de 2013

MAGOSTO 2013

Os cativiños de 3 anos B celebramos este venres o noso primeiro MAGOSTO na escola. E foi ben divertido!! Xogamos coas castañas, e despois fixemos unha degustacion todos xuntos.
Mirade que ben que o pasamos:

xoves, 14 de novembro de 2013

MAGOSTO

Os cativiños de 3 anos B estamos practicando nestes días as cancións do magosto. E xa nos saen fenomenal! Mirade, mirade ...



luns, 11 de novembro de 2013

MAGOSTO 2013

Estimadas familias: 
Nesta semana imos celebrar o MAGOSTO, e xa estamos preparando todo: xogos, contos, cancións, asado e degustación de castañas...
... e para ir abrindo boca aquí vos deixamos unha das cancións que imos aprender nestes días.



domingo, 10 de novembro de 2013

AMARELO

Os cativiños de 3 anos B andamos moi atarefados aprendendo a cor amarela. E aquí  nos podedes ver pintando as follas do outono, por suposto, en amarelo!


AMARELO - presentacion imagenes

luns, 4 de novembro de 2013

SAMAÍN 2013

Os cativiños de 3 anos pasamos un  SAMAÍN  moi divertido na nosa escola. Fixemos moitas actividades, e para que as poidades difrutar tamén vós, aquí vos deixamos unha pequena mostra:


E, se queredes ver a obra de teatro, podedes facelo neste blog :  http://chilsemania.blogspot.com.es/