WEB CEIP SAGRADA FAMILIA:

COMPARTINDO CONTOS....

Os cativos de 5 anos a queremos compartir un contiño que nos gustou moito:

A MELLOR SOPA DO MUNDO! from Estudios Fervelliño on Vimeo.

domingo, 17 de novembro de 2019

MAGOSTO!

Un anos máis os cativos de Educación Infantil celebramos o MAGOSTO na nosa escola. Fixemos manualidades, escoitamos contos, cantamos, xogamos... cantas cousas fixemos nestes días!
Aquí podedes ver unha pequena mostra deste día de celebración, no que fixemos xogos populares no patio e despois degustamos unhas castañas asadas ben saborosas:

luns, 11 de novembro de 2019

Semana da Ciencia 2019 nos 

Museos Científicos Coruñeses


Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 11 ao domingo 17 de novembro sete días de portas abertas, con motivo da Semana Internacional da Ciencia 2019. Durante esa semana a entrada será gratuíta na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.

mércores, 6 de novembro de 2019

SAMAÍN!

Os cativos de 5 ANOS A  celebramos a semana do SAMAÍN escoitando contos de medo, cantando cancións, facendo manualidades, decorando cabazas... e tamén nos disfrazamos con traxes propios desta celebración. Foi unha semana ben divertida!