Visualizacións de páxina totais

mércores, 28 de xuño de 2017

MERENDOLA NO XARDÍN!

Un ano máis, todos os cativos de E. Infantil celebramos o final de curso cunha boa merendola no noso fermoso xardín. E despois de merendar aproveitamos para xogar e disfrutar todos xuntos:


luns, 26 de xuño de 2017

LEITUGAS!

Os cativos de 4 anos C collemos as leitugas que había na nosa horta e decidimos replantalas nunha macetiña para levalas para as nosas casas. Agora só temos que coidalas moi ben para que sigan a crecer e poder facer unha ensalada...

venres, 23 de xuño de 2017

PINTAMOS UN CADRO...

Os cativos de 4 anos estivemos neste trimestre traballando igualiño que os famosos pintores de cadros. Pintamos cun pincel moi finiño unhas flores moi fermosas. Despois de ir pintando pouco a pouco cada día para que nos quedara moi ben, puxémoslle unha capa de alkil para protexer o noso cadro e darlle brillo e consistencia.
Quedounos fenomenal! Igualiño que os pintores de verdade...


mércores, 14 de xuño de 2017

SAGRASAURIOS!

E despois de pasar uns meses moi divertidos aprendendo unha morea de cousas sobre DINOSAURIOS, os cativos de 4 anos C rematamos o noso proxecto!
Neste tempo estivemos entre todos facendo moitas preguntas sobre estes animais tan sorprendentes; investigando, resolvendo dúbidas, buscando información por nós mesmos a coa axuda inestimable das nosas familias... Tamén estivemos manipulando diferentes materiais, usando tanto soportes físicos como dixitais, que nos levaron a aprender moitas cousas sobre a era dos dinosaurios. 

GRAZAS FAMILIAS POR AXUDARNOS TANTO E TAN BEN!

E así foi como quedou o noso MAPA CONCEPTUAL: