Visualizacións de páxina totais

xoves, 31 de outubro de 2019

martes, 29 de outubro de 2019

domingo, 27 de outubro de 2019

KORUÑEANDO...

Os cativos de 5 ANOS A estamos aprendendo moitas cousas sobre a cidade na que vivimos!
Coa axuda das nosas familias, investigamos e traemos as nosas investigacións á nosa aula para compartilas con tódolos compañeiros. Observamos, lemos e explicamos esa información que traemos da casa,  e que nos  axuda a aprender cousas ben interesantes!

martes, 22 de outubro de 2019

domingo, 20 de outubro de 2019

INVESTIGAMOS!


Os cativos de 5 ANOS A, despois dun minucioso traballo de observación e de lectura das palabras atopadas nun mapa antiguo, chegamos a unha conclusión: o mapa representa unha antiga cidade , A CORUÑA

Chegamos a esa conlusión porque no mapa hai:
                         *un porto con moitos barcos
                      *mar por todos lados menos unha parte de terra
                      *moitas rochas e cantís
                      *unha praia grande
                      *unha praia de San Amaro
                      *unha illa cun castelo de San Antón
                      *casas pequeniñas (non edificios!)
                      *unha Torre de Hércules!!


venres, 18 de outubro de 2019

NÚMEROS!

Os cativos de 5 ANOS A andamos moi atarefados nestes días facendo repaso da serie numérica. Contamos, relacionamos o número coa súa cantidade, e comprobamos que todo é correcto. Aprendemos usando diferentes obxectos da nosa aula. Contamos todo o que se pon por diante...

luns, 14 de outubro de 2019