Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta plantas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plantas. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de maio de 2020

COMPARTIMOS O QUE FACEMOS NAS CASAS:




NOA aproveitou o bo tempo para plantar na horta a súa planta de lentella que xa estaba moi crecida e necesitaba un lugar máis grande para seguir crecendo. Na horta vai estar fenomenal e crecer moito! BO TRABALLO!



martes, 30 de maio de 2017

SEMENTAMOS... LEITUGAS!

Os cativos de 4 anos C estivemos na aula plantando unhas sementes de leitugas. Fixémoilo moi ben:
   1) Botamos unha pouca terra para ""facerlle unha cama""
   2) Botamos unha presa de sementes cativiñas de leituga chamada "dama de maio"
   3) Tapamos as sementes con terra ""tapámolas coa manta""
   4) Démoslles un pouco de auga para que crezan ben
   5) Puxémolas nun lugar con luz

E aquí podedes ver que traballo tan ben feito:


LEITUGAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

venres, 12 de maio de 2017

BARTOLOMÉ!

O noso amigo o caracol BARTOLOMË está na nosa horta! Os cativos de 4 anos fomos todos xuntiños á horta para ver a súa fermosa casiña. Tamén aproveitamos para saudalo e cantarlle cancións!
A que non estaba na casa nin andaba pola horta era a miñoca UXÍA... éche moi aventureira, gustalle sair a explorar pola contorna.

mércores, 22 de febreiro de 2017

NA HORTA!

Os cativos de 4 ANOS C fomos visitar a nosa horta aproveitando o bo tempo... tiñamos moita ansia por ver se naceran as cebolas! E si, naceron case todas! 
Tamén aproveitamos para curiosear e facer algunhas observacións ben interesantes:
   - Pola horta había follas secas e ramiñas secas... pensamos que caeron das árbores nos días de mal tempo.
  - Os chícharos teñen flores blancas... temos que esperar, non sabemos que pasa... hai flores, pero non chícharos!
  - Hoxe non fixo falla regar, a terra estaba húmida... cando chove as plantiñas non necesitan auga da mangueira!
   - Non hai amorodos!

mércores, 8 de xuño de 2016

A COLIFLOR...

Lembrades que collemos unha coliflor na nosa horta fai uns días? Pois, estivemos pensando que facer con ela e... decidimos comela con chourizo! Estaba deliciosa! Non deixamos nadiña! 

venres, 22 de abril de 2016

DALIAS!

Os cativos de 5 anos B estivemos aprendendo cousas sobre as sementes, como se prantan e tamén como se coidan para que delas poidan sair fermosas prantas e flores. Investigamos buscando información en diferentes libros e decidimos poñer en práctica o aprendido!
Así pois, puxémonos a facer unha fermosa sementeira de DALIAS, unhas prantas ben fermosas, que xa sabemos que poden ser de moitas cores, e que teñen forma redondiña, coma un "pompón".
Agora só temos que ir observando cada día para ver se saen... e se o fixemos ben ou non.
Nacerán todas?


martes, 2 de febreiro de 2016

PLANTAMOS O NOSO BULBO DE TULIPÁN!

Despois de tanto investigar... por fin nos puxemos a plantar! Seguimos as indicacións que nos daba un fermoso libro que trouxemos da BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA e... agora só nos queda esperar... sairá desta fermosa maceta que nos regalaron na biblioteca un fermoso tulipán? De que cor será? Xa temos ganas de ver como crece! 
Pero por agora hai que esperar... así que decidimos poñelo nun lugar soleado e sen correntes de aire, como decía o libro. Está moi ben acompañado coas outras plantiñas que temos na aula e que coidamos con moito cariño... seguro que con nós vai ser feliz!


martes, 19 de xaneiro de 2016

RECIBIMOS UN AGASALLO!


O outro día recibimos un fermoso agasallo de parte dun señor chamado XACINTO REGADEIRA! Mirade o que nos poñía na notiña:


Menuda sorpresa! Canto nos gustou recibir este agasallo, un fermoso BULBO DE TULIPÁN:

Pero como nós non somos xardiñeiros, andamos estes días ben atarefados buscando información para saber que facer co noso bulbo de tulipán. Así que estamos preguntando nas nosas casas, buscando en internet, na biblioteca da escola... Ata decidimos facer unha visita á Bilioteca Sagrada Famila! Está no noso barrio e sabemos que ten moitos libros... Seguro que alí nos poden axudar! Temos que aprender ben como é iso de plantar e coidar un tulipán!


xoves, 26 de novembro de 2015

NA HORTA!

Unha vez máis os cativos de 5 anos B fomos á nosa hortiña observar como medran as nosas plantas, e para limpar e regar un pouco.
Desta vez plantamos nun buratiño un par de plantiñas de acelga e brécol, que xa acompañan ás outras plantiñas que plantaron os nosos compañeiros. Tamén aproveitamos para sementar as cenorias que nos trouxo Samuel, como eran sementes fixemos un carreiro e puxémolas dentro ben amodiño porque co vento voaban todas!
Estamos facendo un bó traballo... ata temos amorodos ben vermellos! Mirade como o facemos:

domingo, 31 de maio de 2015

AMORODOS!


O outro día cando fomos regar á nosa horta atopamos uns fermosos amorodos agromando da nosa planta! Empezamos a berrar coa emoción, que contentos nos puxemos! Pero pouco nos durou a alegría, porque un "visitante" veu á nosa horta e ... comeu un cacho do amorodo máis grande e fermoso! Estamos preocupados, quedará algo PARA NÓS?

mércores, 13 de maio de 2015

LEITUGAS!

Os cativos de catro anos estivemos a semana pasada moi atarefados recollendo as leitugas da nosa horta. Temos a horta cargadiña de verduras (e algún que outro becho) e xa temos que ir recollendo os froitos das sementes plantadas fai uns meses.
Xa na clase plantamos as nosas leitugas nunhas fermosas macetiñas para levar para as nosas casas. Que bonitiñas que son! Agora só temos que coidalas moi ben para que crezan moito e poidamos facer unha ensalada!

mércores, 18 de marzo de 2015

VAN GOGH E A SÚA OBRA(IV)

Outra pequena mostra das aportacións das familias para a nosa exposición na aula sobre Van Gogh e todo o relacionado coa súa obra! MOITAS GRAZAS, FAMILIAS!


Inés trouxonos unha CAIXA-SORPRESA que nos deixou abraiados! dentro da caixa estaba... A ORELLA DE VAN GOGH! Explicounos o que lle pasou ao pintor e o motivo da ferida na orella ... Canto nos gustou vela! 
Tamén nos trouxo dous CDs dun grupo que se chama LA OREJA DE VAN GOGH ... Estivemos escoitando toda esta fermosa música, e encantounos! Pero se non coñecedes o grupo deixámosvos aquí unha das nosas cancións preferidas:  




Samuel trouxonos á aula un xirasol e amosunos as súas partes, díxonos que se chama así porque xira seguindo a luz do sol. Tamén nos trouxo unhas sementes para plantar na escola!
E aquí estamos plantando as nosas semenes de xirasol:

martes, 10 de marzo de 2015

AMORODOS!

Os cativos de 4 anos aproveitamos o bo tempo para ir de novo á nosa horta, para observar como crecen as nosas plantiñas(chícharos, fabas, allos, cebolas), están todas ben grandes.

Tamén aproveitamos para plantar unhas plantiñas de amorodos cos nosos amigos da clase de 4 anos C. A profe Mª José explicounos todo moi ben e amosounos a forma tan especial de plantar os amorodos: non eran sementes, eran unhas plantiñas pequeniñas con raiz, talo e follas, e tivemos que poñerlle un plástico para protexelas e que soamente se vexa a planta e non a terrra... parece que están tapadas cunha manta!

Depois tocounos a nós quitar as "malas" herbas e airear un pouco a terra... foi ben divertido!

xoves, 29 de maio de 2014

FLORES

Nestes días de primavera os cativiños de 3 anos B estivemos aprendendo moitas cousas sobre as flores: as súas formas, os seus tamaños, as súas partes, as diferentes cores, como se chaman... E despois de aprender os seus nomes, aproveitamos para pintar flores sobre un fermoso ceo azul. 
Mirade que ben nos quedaron:

martes, 25 de marzo de 2014

PLANTAS

As plantiñas de amorodos que plantamos cos cativiños da profe Conchi están medrando moito! Onte adicamos un tempo a observalas, mirar o seu crecemento e contar as súas follas. Mágoa que unha delas secou... agora só quedan tres plantiñas de amorodos. Esperamos con ilusión ver como medran cada día... Tamén lles puxemos unha "fada protectora", que as coida cando nós non estamos.





venres, 14 de marzo de 2014

PLANTAS!


Hoxe os cativiños da profe Conchi e máis nós fixemos unha cousa ben bonitiña xuntos... plantamos!! 
A profe Mª José regalounos catro plantiñas... E como eran cativiñas puxémolas nunha maceta máis grande para que estiveran  mellor e creceran moito.
Despois, coa axuda da profe Conchi botámoslle un pouquiño de auga para que "beberan"... E  puxémolas onda a ventana para que lle dera ben o sol....  agora só nos toca esperar e velas crecer día a día.