Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de marzo de 2020

CHARLA SOBRE ENERXÍA!

Os cativos de 5 ANOS A  tivemos na escola un TALLER sobre a ENERXÍA . Explicáronnos moitas cousas interesentes sobre diferentes tipos de enerxía e a contaminación que producen. Foi moi interesante. e moi divertido!




domingo, 16 de febreiro de 2020


Os cativos de 5 anos tivemos nesta semana un contacontos en LINGUAXE DE SIGNOS. Foi moi especial para nós. Aprendemos a facer os signos de animais e gustounos moito expresarnos coas nosas mans...


venres, 20 de decembro de 2019

domingo, 17 de xuño de 2018

CONCERTO DE MAGÍN BLANCO


MAGÍN BLANCO estivo na nosa escola, dando un concerto para o alumnado de Educación Infantil. Presentounos o seu último proxecto: CAMIÑOS



Foi moi divertido! Pasámolo moi ben cantanto e bailando tódalas súas cancións.
Aquí podedes ver unha das nosas preferidas:

domingo, 22 de abril de 2018

SIMULACRO!


Os cativos de 5 ANOS C estivemos nesta semana falando sobre o Plan de Autoprotección do centro, e practicando para facer todo moi ben e non esquecernos de realizar a saída da nosa aula correctamente.
Desta vez viñeron os  BOMBEIROS porque a cousa púxose un pouco seria!

venres, 22 de decembro de 2017

VISITA SORPRESA!

Nesta semana de decembro rebicimos na escola unha visita moi especial... 
MENUDA SORPRESA! 
Aproveitamos a oportunidade para falar coas súas maxestades, contarlles as cousas que nos gustan, e amosarlles as nosas cartiñas, para que se lembren moi ben de nós e das nosas peticións...

venres, 23 de decembro de 2016

VISITAS ESPECIAIS!

Neste martes os cativos de E. Infantil tivemos a sorte de que viñeron a visitarnos os Reis Magos! Aproveitamos a súa vista para falar con eles un pouquiño, amosarlle as nosas cartiñas, explicarlles cales son os nosos desexos e probar uns carameliños que nos deron por ir a saudalos...

domingo, 11 de decembro de 2016

PROGRAMA EDUCASAÚDE


Os cativos de 4 anos C temos neste mes de decembro o PROGRAMA EDUCASAÚDE na nosa aula. Levarase a cabo en tres sesións con diferentes profesionais da saúde que virán de visita á nosa aula, e que nos axudarán a ter uns hábitos saudables. Na primeira visita faláronnos da importancia de comer máis verduras, froita, peixe... e menos larpeiradas! E tamén do lavado dos dentes despois das comidas.

Máis información no enlace :  EDUCASAÚDE

venres, 17 de xuño de 2016

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!

Os cativos de infantil tivemos a semana pasada unha visita moi especial. As nosas amigas de HUELLA SENSORIAL viñeron visitarnos con HURLEY, un canciño que se fixo tamén amigo noso desde o primeiro momento que apareceu na nosa escola. 

mércores, 27 de abril de 2016

SAÍMOS DE VISITA!

Os cativos de 5 anos B fixemos a semana pasada unha visita moi especial! Fomos á RESIDENCIA LA CIUDAD, unha residencia de ancianos situada na Cidade Vella. Alí coñecemos a persoas ben interesantes e divertidas, que estiveron a pasar a mañán con nós. Fixemos unha morea de amigos!
Tamén coñecemos ao Profe MIGUEL que nos enseñou moitos xogos para facer en parellas coas persoas que alí estaban, compartindo connosco esta fermosa actividade.
Pasámolo moi ben! E ata tivemos algún agasallo! Mirade, mirade:


domingo, 31 de xaneiro de 2016

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA!

Os cativos de 5 anos B estivemos fai uns días na Biblioteca do noso barrio porque tiñamos que investigar como era eso de plantar un bulbo de tulipán. Alí axudáronnos a buscar toda a información e, ademáis tamén nos amosaron moitos libros fermosos; e tamén descubrimos como están clasificados e ordenados nos andeis para atopalos dunha forma doada. Aproveitamos para traer un libro que nos explicaba e amosaba con debuxiños como plantar o noso bulbo, e tamén escollemos libros e contos ben fermosos para disfrutar deles todo un mes! Ademáis as nosas amigas bibliotecarias déronnos unha cousiña que nos gustou moito para plantar o noso tulipán!  Ser socio da biblioteca é fantástico!


luns, 21 de decembro de 2015

TEMOS VISITA!

Os cativos de E. Infantil tivemos unha visita ben especial nestes días antes de Nadal! Os Reis Magos viñeron dar unha voltiña pola nosa escola... Recibímolos con moita ilusión, levamos as nosas cartiñas e explicámoslle con todo detalle o que nelas escribimos e debuxamos. Eles escoitaron con moita atención, e despois gardaron as nosas cartas... agora só nos queda esperar! Traerán o que lle pedimos? 

xoves, 25 de xuño de 2015

A CASIÑA DAS RÁS!

As crías de rá (cágados) da clase do profe Rafa xa se converteron en rás! Que emoción! Xa teñen as catro patiñas... e xa non teñen rabo! Que bonitiñas que son, e que contentas están na súa nova casa, máis grande e fermosa que a anterior... Mirade, mirade!




Máis información no blogue do profe RAFA: 

luns, 8 de xuño de 2015

TEMOS VISITA!



Esta semana os cativos de 4 anos B tivemos unha visita moi especial na aula. O profe Rafa deixounos disfrutar das crías de rá ( cágados) que ten na súa aula todo un día! 
Que emoción! Canto nos gustou telos na aula! Démoslle a merenda, miramos como nadaban, como se agochaban detrás das pedras... Esta visita axudounos a observar e aprender moitas cousas sobre os animais acuáticos dentro do seu ecosistema. Tamén nos prestou uns fermosos libros que xa estamos lendo na aula, e que nos axudan a entender mellor a vida destes sorprendentes animaliños.
GRAZAS RAFA! Grazas por compartilo con nós.

sábado, 7 de febreiro de 2015

TEMOS VISITA!

Cando chegamos á aula, os cativos de 4 anos B tiñamos unha sorpresa enorme... un esqueleto estaba esperando por nós!  Menudo susto!  Mimadriña, que delgado está...  é todo ósos!
Pero con él aprendemos unha morea de cousas: as partes do corpo, os nomes dos ósiños que temos no corpo, o nome das articulacións... e como nos daba un pouco de medo decidimos "vestilo" de forma moi aparente. 
Agora cada día poñémoslle unha roupa diferente, xa é o noso amigo, queremos que se quede conosco e levalo ao parque a xogar con nós. Por certo.... chámase PEPE!



mércores, 28 de xaneiro de 2015

CONTACONTOS


Unha vez máis, os nosos amigos Alex e Patri viñeron de visita á nosa biblioteca para traernos uns contos que nos gustaron moito. E tamén trouxeron o seu acordeón para acompañar con música ben divertida. Contáronnos dous fermosos contos:  SACAPENAS  e  TÍO LOBO. E tamén nos trouxeron un regaliño en forma de "sacapenas" para superar os nosos medos... Aquí podedes ver algúns dos contiños de KALANDRAKA:

Tedes toda a información sobre estes contos na súa web:   www.kalandraka.com

mércores, 24 de decembro de 2014

VISITA DE PAPÁ NOEL!


Un día máis tarde da visita dos Reis, tamén puidemos disfrutar da visita de Papá Noel, que recolleu a carta que fixemos todos xuntos na clase e que esperamos que lle guste moito, e que se lembre de nós na noite de Nadal. E despois degustamos uns carameliños que nos dou a axudante de Papá Noel!

Aquí podedes ver o momento en que lle damos a carta da clase de 4 anos B:


sábado, 20 de decembro de 2014

VISITA DOS REIS!

Os cativos de 4 anos B tivemos unha visita ben especial! Os Reis Magos viñeron visitarnos e recoller as nosas cartas! Aproveitamos para falar con eles e explicarlles moi ben as nosas peticións. E despois degustamos unhas larpeiradas na compaña dos nosos amigos... pena que nos enredamos un pouco coas lambetadas e non nos dou tempo a ver os camelos!
Aquí nos podedes ver coas nosas cartiñas, ben contentos e agradecidos por tan fermosa visita.

/>

xoves, 13 de novembro de 2014

O CONCERTO DE RUBÉN


Esta semana tivemos a sorte de que Rubén nos amosara o seu violín "DE VERDADE" e nos fixera un pequeno concerto na aula. Acompañouno a súa mamá, que nos dou unha clase de música formidable!
Ensinounos como é un violín de verdade, as súas partes e os instrumentos semellantes ao violín de Rubén. Trouxonos unha morea de instrumentos para tocar e cantar con ela e con Rubén. Tamén nos contou un conto moi fermoso con sons de instrumentos musicais: Gilda, amosounos a Orquestra Sinfónica de Galicia tocando cancións populares de Disney... e ata nos trouxo uns carameliños! Canto aprendemos e que ben o pasamos!
MOITAS GRAZAS!!

Aquí podedes disfrutar un pouquiño da MAGNÍFICA actuación de Rubén:



Aquí estamos todos a unha! Tocando e disfrutando moito:


GRAZAS RUBÉN POR TAN FERMOSO CONCERTO!

martes, 20 de maio de 2014

MENUDA VISITA!

O venres os cativiños de 3 anos tivemos na nosa aula unha visita moi especial:


Chámase Tambor... é unha monada! Encantounos a súa visita.