Visualizacións de páxina totais

luns, 30 de marzo de 2020

Estimadas familias:

Lembrarvos que nestes momentos todas as novas as estamos poñendo na páxina web do noso cole :




Desde a web do cole, e desde este enlace poderedess acceder a toda a nova información do Equipo de Educación Infantil :



Chiquillos!  Aproveitade este tempo para facer cousas ben divertidas coas vosas familias, e para aprender algo novo cada día.  Eu xa sei que sodes moi fortes, e moi valientes, e que o estades facendo XENIAL, XENIAL!



Coidadevos moito e coidade das vosas familias!
Moitos bicos e abrazos virtuais !!
A Profe María

luns, 16 de marzo de 2020

Estimadas familias:

Dende o equipo de Educación Infantil queremos transmitir que, seguindo as instrucións da Consellería de Educación, para estes días en que o cole permanecerá pechado propoñémosvos as seguintes recomendacións, que en ningún caso son obrigatorias: 

• Intentar seguir unhas rutinas respecto ás horas de sono e descanso. 
• Facer un uso responsable dos dispositivos móbiles, tabletas, televisión, consolas, pantallas…
• Contar contos e aproveitar para falar sobre eles, inventar finais distintos, facer algún debuxo sobre o conto…
 • Implicalos nas tarefas domésticas adaptándoas á súa idade: poñer a mesa, axudar a facer a cama, facer un biscoito…
 • Rescatar xogos de mesa, esconder mensaxes pola casa coma unha búsqueda do tesouro, facer unha guerra de almofadas, redecorar a habitación, inventar unha coreografía dun baile, facer un desfile de disfraces, montar unha cabaña, facer avións de papel, xogar a personaxes de conto, facer un collage, plantar unha lentella, facer un picnic no salón, guerra de cóxegas, facer un karaoke, escribir unha carta e disfrutar dun tempo de calidade xuntos.
 • Desdramatizar a situación actual vendo o seu lado positivo, disfrutando do tempo en familia e facendo que ese tempo que pasades con eles sexa de calidade. 

Un saúdo. Mestras de Educación Infantil 



Máis información na web do noso centro:


mércores, 11 de marzo de 2020

CHARLA SOBRE ENERXÍA!

Os cativos de 5 ANOS A  tivemos na escola un TALLER sobre a ENERXÍA . Explicáronnos moitas cousas interesentes sobre diferentes tipos de enerxía e a contaminación que producen. Foi moi interesante. e moi divertido!




luns, 2 de marzo de 2020

ENTROIDO!

Desta vez o noso ENTROIDO  tivo como fío conductor os XOGOS OLÍMPICOS! Os cativos de 5 ANOS A fixemos o noso desfile disfrazados de deportistas olímpicos. Disfrutamos moito cantando e bailando, e vendo as actuacións dos nosos compañeiros.

* PODEDES VER OS VIDEOS DAS ACTUACIÓNS NA WEB DO NOSO COLE!!