Visualizacións de páxina totais

domingo, 16 de febreiro de 2020

APRENDENDO XUNTOS...

Os cativos de 5 ANOS A estivemos  investigando nas nosas casas, coa axuda das nosas familias, unha morea de cousas sobre os XOGOS OLÍMPICOS.
Trouxemos os nosos traballos á aula e compartimos cos compañeiros todo o que fixemos na casa:


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIAS!


Os cativos de 5 anos tivemos nesta semana un contacontos en LINGUAXE DE SIGNOS. Foi moi especial para nós. Aprendemos a facer os signos de animais e gustounos moito expresarnos coas nosas mans...


luns, 10 de febreiro de 2020

MURAL DA PAZ


Os cativos de 5 anos A estivemos neste mes de xaneiro pintando un fermoso mural sobre a PAZ. Fixemos un fondo ben colorido, e despois debuxamos amodiño unha pomba, que é un símbolo universal que representa a PAZ .Quedounos tan ben que agora xa está decorando o corredor do noso pasillo.

venres, 7 de febreiro de 2020

XOGOS OLÍMPICOS!

Os cativos de 5 ANOS A 
xa andamos metidos nunha nova aventura, 
a dos XOGOS OLÍMPICOS!


domingo, 2 de febreiro de 2020

DÍA DA PAZ

Os cativos de 5 ANOS A  fomos celebrar o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA no pabillón cos nosos compañeiros. Cantamos e bailamos, e formamos un corazón ben grande no chan.