Os cativos de 5 ANOS A celebramos a semana do SAMAÍN escoitando contos de medo, cantando cancións, facendo manualidades, decorando cabazas... e tamén nos disfrazamos con traxes propios desta celebración. Foi unha semana ben divertida!
Visualizacións de páxina totais
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 6 de novembro de 2019
xoves, 9 de novembro de 2017
MERENDAS MONSTRUOSAS!
Neste SAMAÍN os cativos de 5 anos C saboreamos unhas merendas ben divertidas. Conpartimos galletas con diferentes formas, e lambonadas de todo tipo. Algunhas ata daba medo comelas!
martes, 7 de novembro de 2017
CELEBRAMOS SAMAÍN!
E un ano máis, os cativos de 5 anos C celebramos o SAMAÍN na nosa escola. Falamos sobre diferentes costumes en Galicia e no resto do mundo, fixemos manualidades, decoramos cabazas, contamos contos de medo, creamos monstruos, cantamos cancións... pasamos unha semana ben divertida!
Mirade, mirade...
mércores, 9 de novembro de 2016
MERENDAS MONSTRUOSAS!
ESTAS MERENDAS METÍAN MEDO, PERO ESTÁBANCHE BEN BOAS!
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
domingo, 6 de novembro de 2016
O NOSO SAMAíN
Na última semana de outubro celebramos o Samaín aprendendo cousas sobre esta celebración, decorando cabazas, lendo contos de medo, aprendendo xogos e cancións... e tamén facendo uns GATOS NEGROS que non metían medo ningún.
E como nos quedaron tan ben, levámolos para decorar as nosas casas!
venres, 28 de outubro de 2016
CONTACONTOS NA NOSA BIBLIOTECA
Este mércores tivemos unha sesión de CONTACONTOS na nosa biblioteca. Este ano tocounos un conto de bruxas!! Tivemos un pouco de medo... pero disfrutamos moito!
Grazas ao profe Manu por contarnos o conto: A BRUXA REGAÑADENTES
Non coñecedes este conto?
Pois aquí podedes disfrutar del:
mércores, 26 de outubro de 2016
martes, 27 de outubro de 2015
CANCIÓN DE SAMAÍN!
Un ano máis decidimos cantar e bailar unha canción propia do SAMAÍN
Esta é a deste ano! Cantade e bailade connosco!
E se queredes cantar e bailar as de cursos pasados:
luns, 3 de novembro de 2014
SAMAÍN!
Os cativos de 4 anos B, como xa sabedes, estivemos facendo na semana do SAMAÍN moitas actividades: asistimos ao conta-contos TÍO LOBO, decoramos cabazas, aprendemos cancións, cantamos e bailamos no baile do Samaín, fixemos morcegos, pintamos pantasmas e bruxas... unha morea de cousas!
E para rematar ben a semana, tamén fomos ver unha obriña de teatro: CORRE, CORRE, CABACIÑA. Aquí tedes unhas fotiños deste día:
E para que as disfrutedes tanto coma nós , aquí tedes familias,
a historia e a canción:
martes, 28 de outubro de 2014
SAMAÍN: ESQUELETOS
Estimadas familias, esta é a nosa canción do SAMAÍN deste ano.
Cantade e bailade connosco!
E se o que queredes é lembrar as fermosas cancións do SAMAÍN pasado, aquí as tedes:
domingo, 26 de outubro de 2014
CABAZAS!
Xa chegaron á nosa aula as fermosas cabazas que fixemos na casa, coa axuda das nosas familias. Cada un de nós amosou a súa pequena creación na aula. Tamén explicamos como son e como as decoramos.
Que fermosas nos quedaron... somos uns artistas!
Que fermosas nos quedaron... somos uns artistas!
GRAZAS FAMILIAS! Grazas, unha vez máis, pola vosa colaboración.
E se queredes xogar na casa a decorar cabazas, como fixemos nós, podedes facelo de forma "virtual"... e sen manchar nada!
E se queredes xogar na casa a decorar cabazas, como fixemos nós, podedes facelo de forma "virtual"... e sen manchar nada!
PREMEDE NESTE ENLACE : http://www.juegaspeque.com/Simulacion/calabaza.html
luns, 4 de novembro de 2013
SAMAÍN 2013
Os cativiños de 3 anos pasamos un SAMAÍN moi divertido na nosa escola. Fixemos moitas actividades, e para que as poidades difrutar tamén vós, aquí vos deixamos unha pequena mostra:
E, se queredes ver a obra de teatro, podedes facelo neste blog : http://chilsemania.blogspot.com.es/
venres, 25 de outubro de 2013
SAMAÍN
Os cativiños de 3 anos B xa estamos esta semana facendo actividades propias do Samaín. E aquí vos deixamos estas cancións tan chulas que estamos aprendendo:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

