Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

OS NOSOS PASEOS...




IRIA ESTÁ APROVEITANDO MOI BEN O SEU TEMPO LIBRE! QUE SORTE PODER DISFRUTAR DESES LUGARES TAN FERMOSOS!! GRACIAS POR COMPARTILOS CON TODOS NÓS!

martes, 9 de xuño de 2020

OS NOSOS PASEOS...



YSAAC TEN A SORTE DE VIVIR NUN LUGAR MOI FERMOSO, MOI PRETO DA PRAIA E , DESDE QUE PUIDO SAIR A PASEAR, DISFRUTOU MOITO DE LUGARES PRECIOSOS.


A NOSA CIDADE TEN UN MONTÓN DE COUSAS BONITAS POR DESCUBRIR!

mércores, 20 de xuño de 2018

KORUÑEANDO POLA NOSA CIDADE!

Non había mellor forma de rematar este curso para os cativos de 5 ANOS C! 
A excursión de final de curso era a nosa oportunidade tan desexada de ver , tocar, ulir, sentir... a nosa fermosa cidade. O percorrido enchiunos de lecidia: o noso adorado pulpo, o espectacular ascensor, o maxestuoso Millenium, as fermosas praias, a nosa sireniña, o querido Acuario, o Guerrreiro ""co cu ao aire"", o noso defensor Breogán... Tantas cousas fermosas para disfrutar!
E o remate non podía ser doutra forma, a nosa espectacular TORRE DE HÉRCULES!!  
Maxestuosa no medio da néboa, imponente no seu montículo... sempre é un pracer deixarse envolver pola súa maxia... 

KORUÑEANDO

mércores, 30 de maio de 2018

VISITAMOS A LONXA!

Os cativos de 5 anos C seguimos  KORUÑEANDO pola nosa cidade. Desta vez estivemos na LONXA, un lugar enorme que está no Porto da Coruña. Amosáronnos as súas instalacións e puidemos ver moitos e diferentes tipos de peixes. Ata nos atopamos cun tiburón... aprendemos moitas cousas! Tamén disfrutamos moito coa sorpresa que nos tiñan preparada no final do noso percorrido! FOI ESTUPENDA!!

xoves, 10 de maio de 2018

UN MUSEO AO AIRE LIBRE!

Os cativos de 5 ANOS C seguimos KORUÑEANDO  pola nosa fermosa cidade. Desta vez estivemos nos Xardíns de Méndez Núñez, un lugar con moitos monumentos, e  con edificios moi especiales... Aprendemos unha morea de cousas, e divertímonos moito xogando a descubrir as diferentes estatuas e os diferentes edificios que nos arrodeaban, Foi un día ben interesante!

xoves, 22 de marzo de 2018

KORUÑEANDO COA POLICÍA LOCAL

Os cativos de 5 anos C recibimos a visita da POLICÍA LOCAL Silvia, que nos ensinou unha morea de cousas sobre educación vial, e tamén sobre o seu traballo como policía. E despois saimos con ela a pasear polo barrio e practicar todo o aprendido na aula. Tamén tivemos a sorte de poñer o chaleco policial para "aprender" a ser policías... foi moi divertido! E despois da visita fixemos diversas actividades na aula como recortables de coches ou xogar a circular pola rúa respetando os siñais de tráfico... pasámolo moi ben e aprendemos cousas ben interesantes.

xoves, 25 de maio de 2017

VISITAMOS MARÍA PITA(II)

O fío condutor da nosa ruta por MARÍA PITA foi a historia da batalla entre coruñeses e ingleses, iniciada coa lectura da carta de Sir Drake . En cada lugar da plaza aprendemos unha parte da historia e cada un destes lugares sservíronnos para desenvolver diferentes propostas educativas: 
        1. “O refuxio”, no vestíbulo do Concello. Área: Identidade e autonomía persoal (sensopercepción: vista). 
        2. “O valor das mans”, nos soportais do Concello. Área: Identidade e autonomía persoal (sensopercepción: tacto) 
         3.  “En alerta”, en Porta de Aires. Área: Identidade e autonomía persoal (sensopercepción: oído)
         4. “A unión fai a forza”, na parte central da praza. Área: Identidade e autonomía persoal (coordenadas espacio-temporais: movemento) 
        5. “Esta é a nosa historia”, arredor da estatua de María Pita. Área: Comunicación e representación (expresión oral e plástica) 

Foi unha xornada moi interesante. Aprendemos moitas cousas e foi unha actividade moi divertida! Aquí podedes ver as fotiños que o demostran:


martes, 23 de maio de 2017

HISTORIAS DE MARÍA PITA (I)

Os cativos de 4 anos C estivemos nestes días aprendendo moitas cousas da biografía de María Pita.  E tamén aprendemos unha canción que nos gusta moito... Podedes vela neste enlace:  


E así foi como nos preparamos para a nosa RUTA URBANA ANIMADA que nos esperaba na Plaza de María Pita e que consistía no seguinte...

 RUTAS URBANAS ANIMADAS: HISTORIAS DE MARÍA PITA

OBXECTIVOS: 
− Coñecer un espacio singular da cidade, onde se rinde tributo a Maria Pita, personaxe histórico que se enfrentou ao exército inglés. 
− Xogar cos sentidos para achegarse dunha forma lúdica aos diferentes momentos nos que se desenvolveu a batalla entre o exército coruñés e o inglés.
 − Interiorizar valores humanos como a cooperación e a unión do grupo para afrontar os momentos difíciles que se poidan presentar. 

DESCRICIÓN 
Esta ruta preséntase baixo a estrutura dun “itinerario guiado por estacións”, é dicir, o educador será o encargado de levar ao alumnado polas catro estacións e desenvolver con eles as actividades interactivas que se prantexan en cada unha delas.
 O fío condutor desta ruta é a historia da batalla entre coruñeses e ingleses. En cada estación, segundo a actividade que se vaia a realizar, introducirase unha parte da historia, e cada unha destas estacións sérvenos para desenvolver diferentes propostas educativas co noso alumnado.

mércores, 5 de abril de 2017

VISITAMOS A BIBLIOTECA SAGRADA FAMILIA!

Os cativos de 4 anos C fomos visitar á ovella tecelá MARISOL, que andaba moi preocupada porque a ían rapar! Coñecémola na biblioteca SAGRADA FAMILIA, e alí estivemos dándolle algúns consellos e falando da súa historia. Tamén  aproveitamos para coñecer a biblioteca do noso barrrio por dentro. E moi bonitiña!
Alí as bibliotecarias amosáronnos os misterios que agochan os contos. e que co noso carné podemos levalos para as nosas casas! 
Despois, coa axuda de MARISOL, contáronnos o fermoso conto "OVELLIÑA DÁME LA".
Aquí tedes unha parte cativiña deste fermoso conto:


mércores, 29 de marzo de 2017

venres, 20 de xaneiro de 2017

NO PARQUE DE BOMBEIROS DE A CORUÑA!

Os cativos de 4 anos C fomos de visita ao Parque de Bombeiros da nosa cidade.
Alí recibiunos o bombeiro QUITO, que nos amosou unha morea de cousas: os camións, as oficinas, os traxes novos, o ximnasio... Aprendeunos todo o necesario para ser bombeiro... E tamén nos explicou que o máis importante para ser un bó bombeiro é ser un bó  compañeiro  e axudar aos demáis. Canta razón ten!
Gustounos moito montar en camión, probar o traxe de bombeiro e, sobre todo, aprender a usar a mangueira ! Foiche un día ben divertido!




luns, 23 de maio de 2016

NA CASA DAS CIENCIAS!

Os cativos de 5 anos, todos xuntos, fixemos unha visita ao PLANETARIO e á CASA DAS CIENCIAS. Aproveitamos para aprender unha morea de cousas sobre ciencia e Universo, tamén para manipular e divertirnos cos diferentes xogos interactivos e, como non, admirar o Péndulo de FOUCAULT
E despois de tanto aprender, fomos merendar e disfrutar todos xuntiños do fermoso parque infantil que hai no Parque de Santa Margarita.
Pasámolo moi ben!


luns, 9 de maio de 2016

DE VISITA NO PARQUE DE BOMBEIROS!

Os cativos de 5 anos B fixemos unha visita ben divertida ao Parque de Bombeiros de A Coruña. Alí amosáronnos as instalacións, o parque móbil, as oficinas.. e puidemos ver como son os uniformes, a cucaña, o ximnasio... foi unha visita ben interesante!
Aprendemos as cousas que debemos facer en caso de incendio, fume ou inundación... Os bombeiros tamén nos contaron como axudan nos rescates por terra e por mar... e, por suposto, aprendemos o número de emerxencia dos Bombeiros! E despois, estivemos practicando coa auga, e  aprendemos a coller a mangueira de forma axeitada para ser uns bos aprendices de "bombeiros".
Aquí podedes ver algunhas fotiños que amosan canto aprendemos... e canto disfrutamos!


martes, 3 de maio de 2016

VISITAMOS O MERCADO DAS CONCHIÑAS!

Os cativos de 5 anos fixemos a semana pasada unha visita ao MERCADO MUNICIPAL DAS CONCHIÑAS. Como fomos andando, contamos coa inestimable axuda da policía e das familias, que nos axudaron no noso percorrido de ida e volta. Xa no mercado puidemos, coa axuda de Yara e dos placeiros, aprender unha morea de cousas sobre os alimentos. Tamén estivemos a degustar uns deliciosos amorodos e requeixo na merenda! 
E despois fixemos uns fermosos debuxos sobre o que apredemos no MERCADO, que irán ao CERTAME DE DEBUXO: "QUEREOTEUMERCADO". 

Pasámolo fenomenal! Grazas familias, pola vosa axuda e colaboración!


luns, 25 de xaneiro de 2016

FACEMOS A COMPRA!

Os Cativos de 5 anos B imos aprender neste trimestre moitas cousas sobre a alimentación saudable e a pirámide alimenticia. E unha boa forma de aprender é a partires da nosa realidade máis cotiá na aula: a nosa merenda! Así que decidimos empezar a coñecer máis cousas sobre os alimentos preparando unha merenda e unha macedonia de froitas deliciosas, e desta maneira diferenciar os diferentes grupos alimenticios, a partires da súa degustación.

Así pois, quixemos ir facer a nosa compra no SUPERMERCADO EROSKI  que está no noso barrio; neste supermercado atopamos todo o necesario para facer o noso menú: bocadillo e macedonia. O persoal do supermercado amosounos cada unha das seccións do supermercado, axudounos a facer a nosa compra e aclarou todas as nosas dúbidas. Aprendemos e disfrutamos moito nesta visita.  MOITAS GRAZAS!

Aquí podedes ver imaxes da nosa visita ao EROSKI:




martes, 19 de xaneiro de 2016

RECIBIMOS UN AGASALLO!


O outro día recibimos un fermoso agasallo de parte dun señor chamado XACINTO REGADEIRA! Mirade o que nos poñía na notiña:


Menuda sorpresa! Canto nos gustou recibir este agasallo, un fermoso BULBO DE TULIPÁN:

Pero como nós non somos xardiñeiros, andamos estes días ben atarefados buscando información para saber que facer co noso bulbo de tulipán. Así que estamos preguntando nas nosas casas, buscando en internet, na biblioteca da escola... Ata decidimos facer unha visita á Bilioteca Sagrada Famila! Está no noso barrio e sabemos que ten moitos libros... Seguro que alí nos poden axudar! Temos que aprender ben como é iso de plantar e coidar un tulipán!


domingo, 28 de xuño de 2015

MERENDOLA NO XARDÍN!

Os cativos de 4 anos decidimos celebrar o remate do curso saíndo a meredar no noso xardín! Este xardín gústanos moito, está cheo de árbores que nos dan sombriña cando chega a calor nos últimos día de escola!
Despois de merendar adicamos un tempo a curiosear polos arredores. Atopamos unha morea de cousas que nos fixeron ollar con atención o noso xardín: plantas, flores, ramas, animaliños... que divertido é descubrir o mundo que nos rodea!
Aquí podedes ver o ben que o pasamos...


/>

xoves, 16 de abril de 2015

FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ XOVE


Esta semana fomos de visita á  FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE  para ver algunhas das súas obras de arte. Sonche ben fermosas, e algunha é tan, tan grande... que nos deixou sen palabras.
Tivemos moita sorte, porque Patricia ensinounos a "ler" os cadros. E gustounos moito ir descubrindo as cousas que os pintores querían expresar coas súas obras e os diferentes materias e cores que usaban. Tamén atopamos un "personaxe" moi especial que nos deixou entrar na súa casa... dentro dunha árbore!  Canto disfrutamos! 

 Mirade como aprendemos... As nosas caras falan por nós!

martes, 14 de abril de 2015

BIBLIOTECA SAGRADA FAMILIA




Unha vez máis, os cativos de 4 anos estivemos de visita na biblioteca do noso barrio. Invitounos ""a ovella tecelá"" e as nosas amigas as bibliotecarias presentáronnos a ovelliña Marisol e contáronnos a súa historia... 
E despois amosáronnos as cousiñas que podemos facer nas Bibliotecas Municipais. Tamén nos explicaron a forma de facerse socio... pero moitos de nós xa somos socios! E ao rematar a visita, coa tarxeta de socio da profe, trouxemos unha maleta chea de contos para a nosa clase! Que bonitiños son! Canto nos gustan!



mércores, 8 de abril de 2015

A OVELLA TECELÁ


A OVELLA TECELÁ mandounos fai uns días unha caixiña sorpresa e unha tarxeta na que nos explicaba que anda moi angustiada e que precisa da nosa axuda. Tamén nos achegou uns contiños con fermosas historias cunhas protagonistas especiais: as ovellas!
Así pois imos visitala este xoves á BIBLIOTECA SAGRADA FAMILIA. 

Que che pasa OVELLA TECELÁ? Non te preocupes, que xa te imos visitar mañán e xa nos contas o teu problema... seguro que non é nada!