Visualizacións de páxina totais

mércores, 18 de decembro de 2019


Os cativos de 5 ANOS A estivemos nestes días coñecendo as diferentes esculturas que se atopan por todo o Paseo Marítimo. E esta escultura de PETEIRO gustounos moito, tanto que decidimos ""recreala"" á nosa maneira:

domingo, 15 de decembro de 2019

domingo, 17 de novembro de 2019

MAGOSTO!

Un anos máis os cativos de Educación Infantil celebramos o MAGOSTO na nosa escola. Fixemos manualidades, escoitamos contos, cantamos, xogamos... cantas cousas fixemos nestes días!
Aquí podedes ver unha pequena mostra deste día de celebración, no que fixemos xogos populares no patio e despois degustamos unhas castañas asadas ben saborosas:

luns, 11 de novembro de 2019

Semana da Ciencia 2019 nos 

Museos Científicos Coruñeses


Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 11 ao domingo 17 de novembro sete días de portas abertas, con motivo da Semana Internacional da Ciencia 2019. Durante esa semana a entrada será gratuíta na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.

mércores, 6 de novembro de 2019

xoves, 31 de outubro de 2019

martes, 29 de outubro de 2019

domingo, 27 de outubro de 2019

KORUÑEANDO...

Os cativos de 5 ANOS A estamos aprendendo moitas cousas sobre a cidade na que vivimos!
Coa axuda das nosas familias, investigamos e traemos as nosas investigacións á nosa aula para compartilas con tódolos compañeiros. Observamos, lemos e explicamos esa información que traemos da casa,  e que nos  axuda a aprender cousas ben interesantes!

martes, 22 de outubro de 2019

domingo, 20 de outubro de 2019

INVESTIGAMOS!


Os cativos de 5 ANOS A, despois dun minucioso traballo de observación e de lectura das palabras atopadas nun mapa antiguo, chegamos a unha conclusión: o mapa representa unha antiga cidade , A CORUÑA

Chegamos a esa conlusión porque no mapa hai:
                         *un porto con moitos barcos
                      *mar por todos lados menos unha parte de terra
                      *moitas rochas e cantís
                      *unha praia grande
                      *unha praia de San Amaro
                      *unha illa cun castelo de San Antón
                      *casas pequeniñas (non edificios!)
                      *unha Torre de Hércules!!


venres, 18 de outubro de 2019

NÚMEROS!

Os cativos de 5 ANOS A andamos moi atarefados nestes días facendo repaso da serie numérica. Contamos, relacionamos o número coa súa cantidade, e comprobamos que todo é correcto. Aprendemos usando diferentes obxectos da nosa aula. Contamos todo o que se pon por diante...

luns, 14 de outubro de 2019

mércores, 25 de setembro de 2019

ESTIMADAS FAMILIAS: BENVIDAS!

Benvidas a este blogue de E. Infantil, que soamente pretende ser unha ventaniña aberta á nosa aula e ao noso centro. Aquí poderedes ver o noso día a día na aula.
Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós...