Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PAZ. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de febreiro de 2020

MURAL DA PAZ


Os cativos de 5 anos A estivemos neste mes de xaneiro pintando un fermoso mural sobre a PAZ. Fixemos un fondo ben colorido, e despois debuxamos amodiño unha pomba, que é un símbolo universal que representa a PAZ .Quedounos tan ben que agora xa está decorando o corredor do noso pasillo.

domingo, 2 de febreiro de 2020

DÍA DA PAZ

Os cativos de 5 ANOS A  fomos celebrar o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA no pabillón cos nosos compañeiros. Cantamos e bailamos, e formamos un corazón ben grande no chan. 



xoves, 15 de febreiro de 2018

IMAGINE...



Aproveitando que estivemos no mes de xaneiro traballando sobre a PAZ e a NON VIOLENCIA, o noso compañeiro HUGO trouxonos un fermoso libro que fala da busca da  PAZ  e  da  AMIZADE. Gústounos moito!  Grazas Hugo, por compartilo con nós.

Aquí podedes ver a historia completa:



E AQUÍ A CANCIÓN QUE MÁIS NOS GUSTOU...



mércores, 7 de febreiro de 2018

A ROSA DOS VENTOS

Os cativos de 5 anos C sabemos que desde a nosa TORRE DE HÉRCULES vese unha fermosa ROSA DOS VENTOS, un espectacular mosaico feito polo artista coruñés  Xabier Correa Corredoira.
Pareceunos tan fermoso que decidimos investigar o que significaba, posto alí, preto do mar e dos cantís. O que representaban os seu debuxos, as súas cores, as súas letras...  e aprendemos unha morea de cousas!
E tanto nos gustou que decidimos usalo como un símbolo de PAZ e UNIÓN entre diferentes pobos, culturas, e persoas...  e levámolo ben orgullosos na nosa celebración do DÍA DA PAZ


Neste enlace podedes ver máis información:

martes, 31 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ

E un ano máis os cativos de 4 anos C falamos nestes días sobre a PAZ, e fixemos unha morea de actividades relacionadas con este día: lemos contos, falamos en tertulias, coloreamos debuxos, fixemos manualidades, xogamos xuntos, aprendemos cancións...
E para celebrar este día cos nosos compañeiros da escola fixemos unhas fermosas coroas coas nosas mans imitando unha pomba, e escribimos a palabra PAZ nelas. 
Quedáronnos fenomenal! 

mércores, 3 de febreiro de 2016

SEMANA DA PAZ


Unha vez máis estivemos nesta semana falando sobre a PAZ, a AMIZADE, e o RESPECTO entre todos nós. Lemos contos, cantamos cancións e fixemos unhas fermosas manualidades para representar a PAZ. Tamén compartimos cos nosos compañeiros e mestres unha pequena celebración no pavillón.



Aquí podedes ver a canción elexida deste ano: 
http://chilsemania.blogspot.com.es/2016/01/30-de-enero-dia-de-la-paz.html

luns, 9 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ!

Os cativos de 4 anos B levamos todo o mes de xaneiro levando a cabo unha morea de tarefas relacionadas coa PAZ: aprendemos a nosa canción deste ano, fixemos pombas, lemos contos, repartimos apertas e amizade, fixemos os corazóns e a coroa para o día da celebración... canto traballamos!
E como a celebración se tivo que aprazar unha semana por culpa do mal tempo, aquí quedan algunas fotiños das actividades levadas a cabo na aula e no pavillón:


xoves, 29 de xaneiro de 2015

APERTAS QUE VOAN!

Os cativos de 4 anos B somos todos moi amigos e querémonos moito. Levamos uns días falando sobre o DÍA DA PAZ e facendo distintas actividades que nos axuden a entender mellor que as persoas deben respectarse entre elas e aceptar que cada un de nós é diferente, é especial... 

Unha das actividades realizadas na aula é esta: APERTAS QUE VOAN! Cada un de nós leva un vale por unha aperta no peto do seu mandilón, e decide darlle o vale e a aperta a unha persoa do cole que queira... ou que a necesite. Esta fermosa actividade preparouna e compartiuna o profe RAFA connosco... GRAZAS RAFA!

Mirade como nos gustan as apertas:



Ademáis este ano imos cantar e bailar todos a canción de Paco Nogueiras: APERTAS QUE VOAN! Podedes vela no blogue do profe Rafa. A nós gústanos moito! 


martes, 4 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ

Este xoves, 30 de xaneiro celebramos o
DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Antes deste día estivemos facendo diferentes 
actividades relacionadas coa Paz.
E aquí podedes ver unha mostra da celebración deste día e 
das actividades desenvolvidas na nosa aula:


Esperamos que as disfrutedes tanto coma nós.