Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta Pizarra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pizarra. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de decembro de 2014

FAMILIAS

Nestes días os cativos de 4 anos B estivemos a falar das nosas familias, das persoas que a forman e tamén das novas "incorporacións": bebés, futuros irmanciños e, como non, mascotas! 
Tamén falamos de cantos somos na nosa familia, como se chaman cada un dos nosos familiares, e as cousas que eles fan por nós e nós por eles... E despois aprendemos a escribir algunhas palabriñas relacionadas coas nosas familias.
E neste proceso estivemos acompañados de fermosos contos que nos axudaron a coñecer e valorar a cada un dos membros da nosa unidade famliar.


sábado, 7 de xuño de 2014

PIZARRA DIXITAL

Aos cativiños de 3 anos B gústanos moito traballar na pizarra dixital. Estas últimas semanas andamos aprendendo a grafía do número 3 e a grafía das vocais. Practicamos tódolos días e xa nos saen fenomenal. Mirade un pequeno exemplo coa letra U:


xoves, 20 de febreiro de 2014

NÚMERO 2

Os cativiños de 3 anos levamos uns días traballando co número 2 e a súa representación gráfica. E coa práctica na nosa pizarra dixital, melloramos cada día  . Xa nos sae fenomenal! Mirade:
  


martes, 26 de novembro de 2013

PIZARRA DIXITAL

Como podedes ver familias, estamos aprendendo o número 1 e a súa escrita. E na pizarra dixital podemos practicar un montón sen medo a equivocarnos. E se nos equivocamos, borramos... e xa está!