E como sempre que chega o final do curso, os cativos de Educación Infantil saímos todos ao noso fermoso xardín para disfrutar dunha saborosa merenda e para xogar un pouco todos xuntos. Pasámolo fenomenal! Non hai mellor maneira de despedir o curso!
Visualizacións de páxina totais
luns, 25 de xuño de 2018
mércores, 20 de xuño de 2018
KORUÑEANDO POLA NOSA CIDADE!
Non había mellor forma de rematar este curso para os cativos de 5 ANOS C!
A excursión de final de curso era a nosa oportunidade tan desexada de ver , tocar, ulir, sentir... a nosa fermosa cidade. O percorrido enchiunos de lecidia: o noso adorado pulpo, o espectacular ascensor, o maxestuoso Millenium, as fermosas praias, a nosa sireniña, o querido Acuario, o Guerrreiro ""co cu ao aire"", o noso defensor Breogán... Tantas cousas fermosas para disfrutar!
E o remate non podía ser doutra forma, a nosa espectacular TORRE DE HÉRCULES!!
Maxestuosa no medio da néboa, imponente no seu montículo... sempre é un pracer deixarse envolver pola súa maxia...
domingo, 17 de xuño de 2018
CONCERTO DE MAGÍN BLANCO
Foi moi divertido! Pasámolo moi ben cantanto e bailando tódalas súas cancións.
Aquí podedes ver unha das nosas preferidas:
domingo, 10 de xuño de 2018
mércores, 30 de maio de 2018
VISITAMOS A LONXA!
Os cativos de 5 anos C seguimos KORUÑEANDO pola nosa cidade. Desta vez estivemos na LONXA, un lugar enorme que está no Porto da Coruña. Amosáronnos as súas instalacións e puidemos ver moitos e diferentes tipos de peixes. Ata nos atopamos cun tiburón... aprendemos moitas cousas! Tamén disfrutamos moito coa sorpresa que nos tiñan preparada no final do noso percorrido! FOI ESTUPENDA!!
domingo, 27 de maio de 2018
domingo, 20 de maio de 2018
Os cativos de 5 ANOS C estivemos na semana das LETRAS GALEGAS moi atarefados aprendendo cousas sobre a escritora homenaxeada. Aprendemos cousas sobre a súa vida, a súa obra, lemos os seus poemas, e ata fixemos un fermoso marcapáxinas que levamos para as nosas casas!
MÁIS INFORMACIÓN NO ENLACE:
xoves, 17 de maio de 2018
domingo, 13 de maio de 2018
PLANTAMOS NA AULA!
Os cativos de 5 ANOS C decidimos celebrar a chegada do bo tempo facendo un pequeño experiemento na aula... Decidimos decorar unha caixa de madeira que nos deron na froitería, e plantar uns bulbos de gladiolos e misturalos cunhas sementes de flores. Foi moi divertido lembar como é o proceso de plantar para cada un de nós. Agora a caixiña está na nosa ventana, collendo luz do sol, miramos todolos días como vai o proceso... Nacerán os bulbos? E as flores?
xoves, 10 de maio de 2018
UN MUSEO AO AIRE LIBRE!
Os cativos de 5 ANOS C seguimos KORUÑEANDO pola nosa fermosa cidade. Desta vez estivemos nos Xardíns de Méndez Núñez, un lugar con moitos monumentos, e con edificios moi especiales... Aprendemos unha morea de cousas, e divertímonos moito xogando a descubrir as diferentes estatuas e os diferentes edificios que nos arrodeaban, Foi un día ben interesante!
venres, 4 de maio de 2018
domingo, 22 de abril de 2018
SIMULACRO!
Os cativos de 5 ANOS C estivemos nesta semana falando sobre o Plan de Autoprotección do centro, e practicando para facer todo moi ben e non esquecernos de realizar a saída da nosa aula correctamente.
Desta vez viñeron os BOMBEIROS porque a cousa púxose un pouco seria!
mércores, 18 de abril de 2018
A LAGOA DE EIRÍS
Os cativos de 5 anos C recibimos a visita dunha especialista en medioambiente que nos explicou cousas ben interesantes sobre a LAGOA DE EIRÍS. Aprendemos sobre a súa FLORA e a súa FAUNA, e fixemos un fermoso tríptico que levamos para as nosas casa.
luns, 16 de abril de 2018
domingo, 15 de abril de 2018
xoves, 22 de marzo de 2018
KORUÑEANDO COA POLICÍA LOCAL
Os cativos de 5 anos C recibimos a visita da POLICÍA LOCAL Silvia, que nos ensinou unha morea de cousas sobre educación vial, e tamén sobre o seu traballo como policía. E despois saimos con ela a pasear polo barrio e practicar todo o aprendido na aula. Tamén tivemos a sorte de poñer o chaleco policial para "aprender" a ser policías... foi moi divertido! E despois da visita fixemos diversas actividades na aula como recortables de coches ou xogar a circular pola rúa respetando os siñais de tráfico... pasámolo moi ben e aprendemos cousas ben interesantes.
domingo, 18 de marzo de 2018
luns, 12 de marzo de 2018
IMITANDO A TORRE DE HÉRCULES DE JERÓNIMO PÉREZ...
Como nos gustou tanto a obra deste pintor, decidimos imitala na nosa aula. Quedounos moi bonitiña!
xoves, 8 de marzo de 2018
domingo, 4 de marzo de 2018
mércores, 21 de febreiro de 2018
ENTROIDO 2018!
A NOSA INSPIRACIÓN...
"TORRE DE HÉRCULES" POR JERÓNIMO PÉREZ
Desta vez os cativos de 5 anos decidimos disfrazarnos de TORRE DE HÉRCULES, patrimonio noso e da Humanidade. Estivemos buscando ata que atopamos unha torre fermosa, luminosa, chea de vida... que nos gustou moito, e despois decidimos facer os nosos disfraces a partires do cadro de JERÓNIMO PÉREZ. Nesta tarefa traballamos arreo nos traxes(cos cales nos axudaron as nosas familias), no completemento da cabeza; e fixemos tamén un fermoso barco e unha gran TORRE DE HÉRCULES para o FESTIVAL. Preparamos todo con moita ilusión! E PASÁMOLO MOI BEN !
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
GRAZAS POR VIR A VERNOS E DISFRUTAR CON NÓS!
xoves, 15 de febreiro de 2018
IMAGINE...
Aproveitando que estivemos no mes de xaneiro traballando sobre a PAZ e a NON VIOLENCIA, o noso compañeiro HUGO trouxonos un fermoso libro que fala da busca da PAZ e da AMIZADE. Gústounos moito! Grazas Hugo, por compartilo con nós.
Aquí podedes ver a historia completa:
E AQUÍ A CANCIÓN QUE MÁIS NOS GUSTOU...
mércores, 14 de febreiro de 2018
mércores, 7 de febreiro de 2018
A ROSA DOS VENTOS
Os cativos de 5 anos C sabemos que desde a nosa TORRE DE HÉRCULES vese unha fermosa ROSA DOS VENTOS, un espectacular mosaico feito polo artista coruñés Xabier Correa Corredoira.
Pareceunos tan fermoso que decidimos investigar o que significaba, posto alí, preto do mar e dos cantís. O que representaban os seu debuxos, as súas cores, as súas letras... e aprendemos unha morea de cousas!
E tanto nos gustou que decidimos usalo como un símbolo de PAZ e UNIÓN entre diferentes pobos, culturas, e persoas... e levámolo ben orgullosos na nosa celebración do DÍA DA PAZ
Neste enlace podedes ver máis información:
xoves, 1 de febreiro de 2018
A NOSA TORRE!
Os cativos de 5 anos C estamos neste principio de ano aprendendo moitas cousas sobre a nosa fermosa TORRE DE HÉRCULES! Facemos diferentes investigacións: buscámola no satélite, curioseamos na súa historia, aprendemos as súas lendas, aprendemos como é por dentro e por fóra...
Traemos unha morea de información á nosa aula que nos axuda a aprender todos xuntos, observando, manipulando, creando... éche ben divertido!
venres, 19 de xaneiro de 2018
DESEÑANDO BUFANDAS...
Os cativos de 5 anos C estivemos falando do INVERNO e das prendas de abrigo que máis nos gustan para usar nestes días tan fríos. E despois aproveitamos para deseñar con pincel unhas bufandas moi molonas! Quedaron moi bonitiñas...
BUFANDAS
domingo, 14 de xaneiro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)