Os cativos de 5 ANOS A queremos compartir un contiño que nos gustou moito:
Visualizacións de páxina totais
xoves, 31 de outubro de 2019
martes, 29 de outubro de 2019
domingo, 27 de outubro de 2019
KORUÑEANDO...
Os cativos de 5 ANOS A estamos aprendendo moitas cousas sobre a cidade na que vivimos!
Coa axuda das nosas familias, investigamos e traemos as nosas investigacións á nosa aula para compartilas con tódolos compañeiros. Observamos, lemos e explicamos esa información que traemos da casa, e que nos axuda a aprender cousas ben interesantes!
domingo, 20 de outubro de 2019
INVESTIGAMOS!
Os cativos de 5 ANOS A, despois dun minucioso traballo de observación e de lectura das palabras atopadas nun mapa antiguo, chegamos a unha conclusión: o mapa representa unha antiga cidade , A CORUÑA
Chegamos a esa conlusión porque no mapa hai:
*un porto con moitos barcos
*mar por todos lados menos unha parte de terra
*moitas rochas e cantís
*unha praia grande
*unha praia de San Amaro
*unha illa cun castelo de San Antón
*casas pequeniñas (non edificios!)
*unha Torre de Hércules!!
venres, 18 de outubro de 2019
NÚMEROS!
Os cativos de 5 ANOS A andamos moi atarefados nestes días facendo repaso da serie numérica. Contamos, relacionamos o número coa súa cantidade, e comprobamos que todo é correcto. Aprendemos usando diferentes obxectos da nosa aula. Contamos todo o que se pon por diante...
luns, 14 de outubro de 2019
martes, 1 de outubro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)