Visualizacións de páxina totais

mércores, 22 de outubro de 2014

MURAL DE OUTONO

Os cativos de 4 anos B estamos feitos uns artistas! Coas follas de outono que tiñamos na aula decidimos facer un mural que plasmara as cores desta estación. Así que fixemos unha árbore pintando de cor marrón  e aplastando ben para facer o tronco. Tamén lle pintamos un fermoso ceo de outono de cor azul , e unha terra de tonos laranxas. E ata lle puxemos unhas nubes grises propias desta estación.
Que bonitiño nos quedou! Mirade:


luns, 20 de outubro de 2014

OUTONO

Nesta semana os cativos de 4 anos B estivemos aprendendo cousas sobre o outono e sobre os cambios que se van producindo no tempo atmosférico. Falamos sobre o que pasa no outono: vai frío, chove, sopra o vento, as ondas do mar son moi fortes... e hai tormentas! con raios e tronos que nos dan un pouco de susto. 
Aquí podedes ver unha das actividades feitas na aula: pintamos a choiva das nubes de azul!


martes, 14 de outubro de 2014

FOLLAS DE OUTONO

Este venres, aproveitando o bo tempo, os cativos de 4 anos B estivemos buscando as cores do outono no xardín do noso cole, que como sabedes, ten moitas árbores. Atopamos as cores típicas do outono na herba, nas árbores, e tamén nas folllas que están a caer cada día.
Aproveitamos tamén para recoller follas de diferentes tamaños para levar a cabo a súa clasificación: grandes- medianas- pequenas... pero, eso si, soamente collemos as que nos pareceron máis fermosas!
Canto disfrutamos! É un pracer poder disfrutar deste cachiño de natureza dentro da nosa escola!


sábado, 11 de outubro de 2014

FIGURAS XEOMÉTRICAS

Os cativos de 4 anos B estivemos repasando as figuras xeométricas con diferentes xogos, para poder observar as súas diferencias e tamén para recoñecelos en diferentes obxectos na vida real. De momento o cadrado e o rectángulo parécennos tan semellantes que , ás veces, cóstanos diferencialos! Pero pouco a pouco, observando e manipulando as figuras chegaremos a recoñecelos sen problema!.
Aquí vos deixamos fotos de diferentes xogos realizados na aula:




martes, 7 de outubro de 2014

PINTAMOS...

...CON PINCEL!
Pintar con pincel é unha das cousas que máis nos gustan facer na nosa clase. E para empezar a usar o pincel nada mellor que colorear o número 1 e así repasar a súa grafía. Amodiño e sen sairnos por fora! Quedounos fenomenal!
Aquí podedes ver fotiños da actividade:

luns, 6 de outubro de 2014

CONTOS EN FAMILIA

Nesta fin de semana os cativos de 4 anos B empezamos a levar contiños para as nosas casas, para poder ler e disfrutar en familia. Gústanos moito coller prestados os contos da nosa biblioteca, son moi fermosos, e temos unha morea deles...