Visualizacións de páxina totais

domingo, 23 de novembro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

Esta fin de semana o noso amigo OTO pasouna na compaña de  Lucía e da súa familia. Fixo novos amigos, saiu de paseo e tamén de merendola. Lucía contounos que OTO se portou moi ben, e que ata durmiu con ela. Tamén nos amosou as palabras cariñosas que lle adicou ao noso amigo.

Aquí podedes ver a Lucía na súa exposición oral:



NORABOA LUCÍA! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!

martes, 18 de novembro de 2014

MAGOSTO 2014

Menuda semana que tivemos os cativos de E. Infantil coa celebración do MAGOSTO!
Fixemos unha morea de cousas: decoramos cestiños para comer as castañas, trouxemos castañas picadas para comelas asadas, traballamos o conto "María a castañeira", cantamos, bailamos, xogamos a moitos xogos... e ata fixemos unha viseira moi molona para lucir nese día tan especial!


Familias: grazas pola aportación de castañas, a decoración dos cestiños, e a colaboración no asado das castañas na escola. Grazas pola vosa axuda!


xoves, 13 de novembro de 2014

O CONCERTO DE RUBÉN


Esta semana tivemos a sorte de que Rubén nos amosara o seu violín "DE VERDADE" e nos fixera un pequeno concerto na aula. Acompañouno a súa mamá, que nos dou unha clase de música formidable!
Ensinounos como é un violín de verdade, as súas partes e os instrumentos semellantes ao violín de Rubén. Trouxonos unha morea de instrumentos para tocar e cantar con ela e con Rubén. Tamén nos contou un conto moi fermoso con sons de instrumentos musicais: Gilda, amosounos a Orquestra Sinfónica de Galicia tocando cancións populares de Disney... e ata nos trouxo uns carameliños! Canto aprendemos e que ben o pasamos!
MOITAS GRAZAS!!

Aquí podedes disfrutar un pouquiño da MAGNÍFICA actuación de Rubén:



Aquí estamos todos a unha! Tocando e disfrutando moito:


GRAZAS RUBÉN POR TAN FERMOSO CONCERTO!

martes, 11 de novembro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

OTO pasou esta fin de semana con Aitana e coñeceu a súa familia. Pasouno moi ben, foi ao parque e tamén de merendola a unha hamburguesería. Fixo un montón de cousas con Aitana, comiu e durmiu con ela, e ata sacou unhas fotiños!
Aquí podedes ver a Aitana na súa exposición oral:



NORABOA AITANA! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!


luns, 10 de novembro de 2014

CANCIÓNS DO MAGOSTO

Os cativiños de E. Infantil estamos moi ocupados preparando o noso magosto deste venres. Aquí vos deixamos a canción que andamos aprendendo e bailando nestes días. 
 "O RAP DO MAGOSTO"     Bailades?

E para os nostálxicos... aquí tedes a canción do curso pasado. Lembrades?


xoves, 6 de novembro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

Esta fin de semana tan longa o noso amigo OTO pasouna na compaña de Ainara e a súa familia. Fixo novos amigos, e ata foi a unha festa de disfraces! Ainara contounos que OTO se portou moi ben, e que durmiu con ela e os seus peluches preferidos. Tamén nos amosou os debuxiños e as palabras cariñosas que lle adicou ao noso amigo OTO.
Aquí podedes ver a Ainara na súa exposición oral:



NORABOA AINARA! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!

luns, 3 de novembro de 2014

SAMAÍN!


Os cativos de 4 anos B, como xa sabedes, estivemos facendo na semana do SAMAÍN moitas actividades: asistimos ao conta-contos TÍO LOBO, decoramos cabazas, aprendemos cancións, cantamos e bailamos no baile do Samaín, fixemos morcegos, pintamos pantasmas e bruxas... unha morea de cousas!

E para rematar ben a semana, tamén fomos ver unha obriña de teatro: CORRE, CORRE, CABACIÑA. Aquí tedes unhas fotiños deste día:




E para que as disfrutedes tanto coma nós , aquí tedes familias,
a historia e a canción: