Visualizacións de páxina totais

xoves, 18 de decembro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

Esta fin de semana OTO pasouno estupendamente na casa de Enma. Coñeceu a toda a súa familia, e fíxose moi amigo do irmanciño de Enma. A OTO gústalle moito xogar cos bebés, aínda que ás veces lle mordan as orellas! Tamén xogou moito con Enma, e ata axudou a facer un rico biscoito!

Aquí podedes ver a Enma na súa exposición oral:



NORABOA ENMA! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

domingo, 14 de decembro de 2014

FAMILIAS

Nestes días os cativos de 4 anos B estivemos a falar das nosas familias, das persoas que a forman e tamén das novas "incorporacións": bebés, futuros irmanciños e, como non, mascotas! 
Tamén falamos de cantos somos na nosa familia, como se chaman cada un dos nosos familiares, e as cousas que eles fan por nós e nós por eles... E despois aprendemos a escribir algunhas palabriñas relacionadas coas nosas familias.
E neste proceso estivemos acompañados de fermosos contos que nos axudaron a coñecer e valorar a cada un dos membros da nosa unidade famliar.


venres, 5 de decembro de 2014

KANDINSKY: ALGÚNS CÍRCULOS


Aos cativos de 4 anos B gústanos moito observar os cadros de Kandinsky porque, coma nós, usa cores moi bonitas, e tamén lle gusta debuxar moitos círculos de diferentes tamaños. E inspirándonos na súa obra "Algúns círculos", decidimos facer as nosas creacións.
Mirade as diferentes fases do noso proxecto e o ben que nos quedaron os cadros! Somos uns artistas!

xoves, 4 de decembro de 2014

LIBRO VIAXEIRO: OTO

OTO pasou esta fin de semana na compaña de Yohsan e da súa familia. Aproveitou moi ben o tempo, saiu de paseo e fixo amigos na aldea de Yohsan. Tamén coñeceu a Pirata, e caeulle moi ben... pero quen dixo que cans e gatos non se levan ben?

Aquí podedes ver a Yohsan contándonos todo:



FELICIDADES YOHSAN! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!