Os cativos de 5 anos fixemos nas nosas casas, coa axuda das nosas familias, unhas fermosas campás que xa están decorando os corredores da nosa escola. Aquí nos vedes amosando as nosas manualidades e explicando os diferentes materiais que utilizamos. Que bonitiñas nos quedaron!
Visualizacións de páxina totais
martes, 15 de decembro de 2015
luns, 14 de decembro de 2015
DECORACIÓNS!
PAULA, INÉS e AINARA fixeron nas súas casas unhas fermosas manualidades para decorar a nosa aula de 5 anos! Son ben fermosas! Encántannos! GRAZAS FAMILIAS!
domingo, 13 de decembro de 2015
mércores, 9 de decembro de 2015
ONDE VIVIMOS?
Os cativos de 5 anos B levamos días aprendendo cousas sobre a nosa cidade, o noso barrio, e as rúas nas que vivimos. Cada un de nós fixo a súa exposición oral explicando cousas sobre a súa casa, a súa rúa e o barrio no que vivimos. Canta ilusión nos fixo amosar a casa onde vivimos!
GRAZAS POLA VOSA APORTACIÓN FAMILIAS!
Aquí nos podedes ver explicando todo aos nosos compañeiros:
GRAZAS POLA VOSA APORTACIÓN FAMILIAS!
Aquí nos podedes ver explicando todo aos nosos compañeiros:
domingo, 6 de decembro de 2015
LIBRO VIAXEIRO: BIMBA
Desta vez BIMBA foi pasar uns días ben divertidos con Yohsan e coa súa familia. Tamén estivo coas súas mascotas, e pasárono moi ben todos xuntos! E ata foi de viaxe na fin de semana con Yohsan fóra da cidade, para cambiar de aires!
mércores, 2 de decembro de 2015
QUIMIONS!
Os cativos de 5 anos participamos na iniciativa solidaria QUIMIONS CORUÑA facendo entre todos un MINION ben fermoso. Pero este MINION (CARL), non vai ir só ao Hospital Materno Infantil. Vai ir acompañado doutros dous fermosos traballos realizados por Paula e a súa familia.
Se non coñecedes esta iniciativa solidaria na cal colaboramos todos aquí tedes información:
E aquí nos podedes ver, orgullosos e felices por poder compartir unha actividade tan gratificante.
martes, 1 de decembro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







