Visualizacións de páxina totais

luns, 31 de marzo de 2014

DÍA DA POESÍA


Os cativiños de 3 anos estivemos nestes días celebrando esta data tan especial , e aprendendo unha poesía ben fermosa de Antonio García Teijeiro.
Como aínda somos cativiños, só aprendemos un cachiño... pero xa nos sae fenomenal!
Este é o cachiño que aprendemos:

venres, 28 de marzo de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Unha nova biografía chegou á nosa aula nestes días. Martina trouxonos a historia da súa curta vida e amosounos as fotiños que lle puxo. Tamén puidemos ver algunhas das súas pegatinas preferidas.
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




NORABOA MARTINA! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

xoves, 27 de marzo de 2014

O CONTO DE RUBÉN



Rubén trouxonos á aula un conto ben fermoso. Tiña moitos debuxiños e letras que xa coñecemos. Eran as vocais!. Explicounos o que era cada cousa. Contouno moi ben! Gustounos moito.
Grazas Rubén por querer compartilo con nós.

martes, 25 de marzo de 2014

PLANTAS

As plantiñas de amorodos que plantamos cos cativiños da profe Conchi están medrando moito! Onte adicamos un tempo a observalas, mirar o seu crecemento e contar as súas follas. Mágoa que unha delas secou... agora só quedan tres plantiñas de amorodos. Esperamos con ilusión ver como medran cada día... Tamén lles puxemos unha "fada protectora", que as coida cando nós non estamos.





domingo, 23 de marzo de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Unha nova biografía chegou á nosa aula. Esta vez foi Rubén o que nos contou moitas cousas da súa curta vida. Amosunos tamén fotiños de momentos moi importantes para el, como o seu primeiro día de escola... o día que nos coñecemos!
Aquí podedes ver a súa exposición oral:




FELICIDADES RUBÉN! FIXÉCHELO FENOMENAL!
GRAZAS FAMILIA!

sábado, 22 de marzo de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Chegounos unha nova biografía á nosa aula. Gabriel contounos cousas da súa curta vida e amosounos unhas fotiños de cando era cativiño. Tamén nos presentou ao seu irmán, que aínda é un bebé.
Aquí podedes ver a exposición oral:




NORABOA GABRIEL! FIXÉCHELO MOI BEN!
GRAZAS FAMILIA!

mércores, 19 de marzo de 2014

CONCERTO!

Hoxe tivemos na escola unha visita moi especial. Pablo Díaz veu deleitarnos con algunhas cancións dos seus discos: TIC-TAC e  TOC-TOC. Gustounos moito escoitalo e cantar con el as súas fermosas cancións.
Aquí podedes ver unhas fotiños da actuación:




E aquí, familias, podedes disfrutar dun "cachiño" da estupenda actuación de Pablo. Mirade o ben que cantamos unha das nosas cancións favoritas. Esperamos que vos guste tanto coma a nós...