Visualizacións de páxina totais

domingo, 13 de marzo de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

Unha vez máis, BIMBA estivo pasando uns días ben divertidos con MARTINA e a súa familia. Fixeron moitas cousas xuntas... xogaron moito, pasearon polo parque, usaron os patíns, e ata foron comprar o pan!
Aquí podemos ver a MARTINA explicándonos todo:




GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIA!

luns, 7 de marzo de 2016


Grazas,  unha vez máis, ao profe RAFA que no seu blog:
comparte con nós esta fermosa canción, chea de mulleres da nosa terra, 
inspiradoras, reais, que son un reflexo da nosa sociedade:


xoves, 3 de marzo de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA estivo pasando uns días ben divertidos na compañía de NOUR e da súa familia. Aproveitou para xogar moito con ela e cos seus irmáns. Tamén xogou cos peluchiños de NOUR e foi ao parque, pasouno xenial!
Aquí podedes ver a NOUR explicándono todo:


  
GRAZAS FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN!

martes, 1 de marzo de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

Unha vez máis, BIMBA estivo pasando uns días ben divertidos na casa de GABRIEL. Coñeceu as súas mascotas, xogou moito con él e co seu irmán e ata lle axudou a coidar dos tulipáns! E despois de tanto xogar, tivo que darse un bó baño para voltar limpiña á nosa aula.
Aquí podedes ver a GABRIEL na súa exposición oral:



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, FAMILIA!

domingo, 28 de febreiro de 2016

APRENDEMOS XOGANDO...

Os cativos de 5 anos B levamos unhas semanas aprendendo unha morea de cousas sobre o noso corpo: como é por fóra, como é por dentro... investigando a través de diversos libros informativos, instrumentos, roupas, xogos ... todas estas cousas fannos aprender dunha forma doada e, sen decatarnos, xa coñecemos mellor os nosos órganos internos e o seu funcionamento.
Os diferentes elementos aportados polas nosas familias axudáronnos moito a aprender como é e como funciona o corpo humano. MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

mércores, 17 de febreiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO: BIMBA

BIMBA estivo pasando estes días de vacacións con LUCAS e coa súa familia. Pasaron uns días moi divertidos en familia, xogando a  moitos xogos e disfrutando dos doces típicos do ENTROIDO. 
Aquí podedes ver a LUCAS na súa exposición oral:




FAMILIA, GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!