Visualizacións de páxina totais

domingo, 22 de abril de 2018

SIMULACRO!


Os cativos de 5 ANOS C estivemos nesta semana falando sobre o Plan de Autoprotección do centro, e practicando para facer todo moi ben e non esquecernos de realizar a saída da nosa aula correctamente.
Desta vez viñeron os  BOMBEIROS porque a cousa púxose un pouco seria!

mércores, 18 de abril de 2018

A LAGOA DE EIRÍS


Os cativos de 5 anos C recibimos a visita dunha especialista en medioambiente que  nos explicou cousas ben interesantes sobre a LAGOA DE EIRÍS. Aprendemos sobre a súa FLORA e a súa FAUNA, e fixemos un fermoso tríptico que levamos para as nosas casa.

xoves, 22 de marzo de 2018

KORUÑEANDO COA POLICÍA LOCAL

Os cativos de 5 anos C recibimos a visita da POLICÍA LOCAL Silvia, que nos ensinou unha morea de cousas sobre educación vial, e tamén sobre o seu traballo como policía. E despois saimos con ela a pasear polo barrio e practicar todo o aprendido na aula. Tamén tivemos a sorte de poñer o chaleco policial para "aprender" a ser policías... foi moi divertido! E despois da visita fixemos diversas actividades na aula como recortables de coches ou xogar a circular pola rúa respetando os siñais de tráfico... pasámolo moi ben e aprendemos cousas ben interesantes.

luns, 12 de marzo de 2018