Nestes días os cativiños de 3 anos B estivemos aprendendo cal era o círculo e cal era o cadrado, que o círculo é redondiño coma o sol e que o cadrado ten catro "piquitos".
E unha boa maneira de asentar estes conceptos foi observar este fermoso cadro de KANDINSKY: "Cuadrados con círculos concéntricos".
Descubrimos que hai círculos de moitas cores, e que todos están dentro dunha "ventana" que é cadrada. Tamén chegamos a unha conclusión: hai 12 cadrados, pero círculos non sabemos cantos son... decidimos que eran ¨moitos".
E aquí familias, podedes ver unha pequena mostra do noso proceso de creación inspirándonos en KANDINSKY e na súa obra:
¡Precioso!
ResponderEliminarDe verdade que non o podo crer´ainda que xasei
ResponderEliminarque sodes uns verdadeiros artistas e moi traballadores. Animo rapaces seguide asi que chegaredes moi lonxe. Son un avo que todolos diasmira o que traballades.Moitosw bicos.