Visualizacións de páxina totais

domingo, 16 de febreiro de 2014

BIOGRAFÍA VIAXEIRA

Nestes días os cativiños de 3 anos estamos metidos nun novo proxecto: a nosa biografía viaxeira. Para saber como eramos de bebés estamos facendo nas nosas casas, coa axuda das nosas familias, unha pequena biografia, na que contamos algo da nosa curta vida. Tamén lle poñemos debuxiños , fotos, recordos ...

E a primeira biografía chegou nestes días á aula. Carlota amosounos como era de bebé, e ata nos trouxo unha foto ben fermosa! Explicounos quen decidiu o seu nome e o que facía de cativiña ...  Aquí podedes ver a súa exposición:





GRAZAS CARLOTA!  FIXÉCHELO FENOMENAL!!!
GRAZAS FAMILIAS!
 Grazas, unha vez máis, pola vosa axuda e colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario