Os cativiños de 3 anos levamos uns días aprendendo cousas sobre os homes primitivos: como vivían, como vestían, como se alimentaban... e unha das cousas que máis nos gustou foi saber que pintaban nas paredes das cavernas nas que vivían!
E poñendo un papel continuo ben grande, a modo de parede dunha caverna prehistórica, estivemos "imitando" a arte rupestre. Pintamos mamuts, bisontes, peixes, ríos, paisaxes... e quedounos todo ben fermoso!
Aquí podedes ver, familias, o noso proceso creativo: