Os cativiños de 3 anos levamos uns días aprendendo cousas sobre os homes primitivos: como vivían, como vestían, como se alimentaban... e unha das cousas que máis nos gustou foi saber que pintaban nas paredes das cavernas nas que vivían!
E poñendo un papel continuo ben grande, a modo de parede dunha caverna prehistórica, estivemos "imitando" a arte rupestre. Pintamos mamuts, bisontes, peixes, ríos, paisaxes... e quedounos todo ben fermoso!
Aquí podedes ver, familias, o noso proceso creativo:
Rubén non deixou ningún detalle por contar na casa sobre este tema, parece que lle encantou.
ResponderEliminarSi, gustounos moito. Especialmente o de poder pintar nas paredes, xa lles expliquei que na casa non se pode ...
ResponderEliminarJajajajaja. Moi ben, foi no primeiro que pensei mentras o contaba porque estaba tan emocionado contando esa parte...
ResponderEliminar