Neste último venres de clase os cativos de Educación Infantil celebramos o noso Festival de Nadal.
Alí estaba Papá Noel e o seu reno explicándonos cousiñas do Nadal e o seu significado; e para axudarlles nesta tarefa, pedíronnos aos cativos de Infantil que cada aula levase unha palabra que representara o Nadal... A nosa clase decidiu levar a palabra ILUSIÓN. Puxemos todas as palabriñas xuntas para que todas elas nos axudaran a entender o Nadal un pouco mellor.
Tamén puidemos ver o fermoso conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis", e cantar todos xuntos. E para rematar o Festival, cada curso cantou e bailou a súa canción de Nadal. Nós cantamos a nosa canción "Muñeco de nieve" cos nosos compañeiros de 4 anos... foi todo ben divertido. Pasámolo moi ben!
Aquí podesdes ver o último ensaio que fixemos na aula antes da nosa actuación,
así podedes ver moi ben como cantamos e bailamos todos...
Estamos feitos uns artistas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario