Van Gogh pintou toda unha serie de cadros sobre xirasoles, gustábanlle tanto que non paraba de pintar... Nós estivemos na aula vendo como son estes cadros e tamén estivemos aprendendo cousas sobre eses xirasoles que obsesionaban ao artista.
Paula realizou unha pequena investigación na casa coa axuda da súa familia, e fíxonos unha exposición oral sobre todo o que aprendera sobre os xirasoles como plantas ornamentais e do seu uso como producto alimenticio. Explicounos que dos xirasoles saen as pipas, e trouxonos pipas con cascas e sen cascas para poder observar ben cada unha delas. Amosounos o aceite de xirasol e contounos que se usaba para cociñar... Cantas cousas aprendemos! GRAZAS POR COMPARTILO CON NÓS PAULA ! GRAZAS FAMILIA!
E nós, que somos ben atrevidos e que nos gusta moito experimentar... adiviñades o que fixemos coas pipas? E co aceite? Mirade, mirade:
Ningún comentario:
Publicar un comentario