Os cativos de 4 anos B levamos uns meses aprendendo a manipular as REGLETAS DE CIUSENAIRE. E xa se nos da moi ben!
As regletas son unha forma de manipulación matemática que nos axuda a aprender unha morea de cousas: a aprendizaxe da serie numérica ata o dez, establecer equivalencias, a composición e descomposición de números, realizar operacións básicas como a suma... todo esto de forma lúdica e manipulativa. Sonche ben divertidas! Disfrutamos moito con elas!
Aquí podedes ver algunhas das actividades que facemos na aula:
Ningún comentario:
Publicar un comentario