Despois de pasar todo un verán tapadiña e repousando, a nosa horta colle novos folgos neste curso e comeza a ser unha parte importante das nosas aprendizaxes no exterior da aula. Tocounos quitar a protección, as malas herbas e a follas do outono para que quedara ben limpa e fermosa. Despois tapamos novamente unha parte para futuras plantas, e deixamos outra sen cubrir para poñer sementes e plantas grandes. E unha vez rematado o traballo, ao carón dos amorodos plantamos algo que, esperamos que cando medre se converta nunha fermosa coliflor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario