Os cativos de 5 anos B fixemos unha visita ben divertida ao Parque de Bombeiros de A Coruña. Alí amosáronnos as instalacións, o parque móbil, as oficinas.. e puidemos ver como son os uniformes, a cucaña, o ximnasio... foi unha visita ben interesante!
Aprendemos as cousas que debemos facer en caso de incendio, fume ou inundación... Os bombeiros tamén nos contaron como axudan nos rescates por terra e por mar... e, por suposto, aprendemos o número de emerxencia dos Bombeiros! E despois, estivemos practicando coa auga, e aprendemos a coller a mangueira de forma axeitada para ser uns bos aprendices de "bombeiros".
Aquí podedes ver algunhas fotiños que amosan canto aprendemos... e canto disfrutamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario