Os cativos de 4 anos C estivemos aprendendo moitas cousas sobre a primavera e os diferentes tipos de flores que aparecen nesta estación.
Aproveitamos material de refugallo(unha caixa enorme de cartón) para facer un fermoso cadro co cal representar unha paixase de primavera.
A nosa inspiración: O PUNTILLISMO.
Gustounos especialmente o pintor George Seurat e a súa obra CAMPOS DE ALFALFA:
E imitando a este pintor, nós tamén tentamos facer a nosa obra cun campo de puntiños verdes e un ceo de puntiños azuis. E como lle queriamos poñer flores de primavera, decidimos estampar unhas campaniñas... e despois, tivemos que escoller tamén un título que fora axeitado para poñerlle ao noso cadro.
E así foi como nos quedou! Agora xa está decorando o noso cole! Quedounos fenomenal... Somos uns artistas!
E así foi como nos quedou! Agora xa está decorando o noso cole! Quedounos fenomenal... Somos uns artistas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario