O fío condutor da nosa ruta por MARÍA PITA foi a historia da batalla entre coruñeses e ingleses, iniciada coa lectura da carta de Sir Drake . En cada lugar da plaza aprendemos unha parte da historia e cada un destes lugares sservíronnos para desenvolver diferentes propostas educativas:
1. “O refuxio”, no vestíbulo do Concello. Área: Identidade e autonomía persoal
(sensopercepción: vista).
2. “O valor das mans”, nos soportais do Concello. Área: Identidade e autonomía persoal
(sensopercepción: tacto)
3. “En alerta”, en Porta de Aires. Área: Identidade e autonomía persoal
(sensopercepción: oído)
4. “A unión fai a forza”, na parte central da praza. Área: Identidade e autonomía persoal
(coordenadas espacio-temporais: movemento)
5. “Esta é a nosa historia”, arredor da estatua de María Pita. Área: Comunicación e
representación (expresión oral e plástica)
Foi unha xornada moi interesante. Aprendemos moitas cousas e foi unha actividade moi divertida! Aquí podedes ver as fotiños que o demostran:
Ningún comentario:
Publicar un comentario